Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Preparativos en el lugar donde se construirá el edificio de Arqueología del Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra comezou hoxe a roza da maleza e arborado da parcela de Valdecorvos na que se construirá o novo edificio de Arqueoloxía do Museo co fin de iniciar os estudos previos para desenvolver o deseño do novo inmoble. Unha empresa de Sanxenxo é a encargada de realizar a tarefa, que se desempeñará con medios mecánicos e manuais para deixar limpos os preto de de 10.000 metros cadrados da finca. Unha vez estea finalizado este labor, iniciarase o estudo taquimétrico do terreo co fin de coñecer pormenorizadamente as súas características.

Os traballos de desbroce estaban previstos para hai semanas pero tiveron que ser adiados polas restricións derivadas da crise sanitaria do COVID-19 xusto cando se ían iniciar. Comenzaron hoxe a primeira hora con varios operarios e maquinaria de diferente tamaño e alcance e a previsión é que finalicen esta semana se non se producen complicacións, deixando a finca totalmente accesible e libre de árbores, silveiras e outros matoxos. Terase especial coidado de deixar sen talar algúns exemplares singulares.

A intención é dar paso ao seguinte chanzo para o novo edificio, que será a realización dun estudo taquimétrico da parcela para coñecer as súas características no que se refire aos desniveis de terreo e ver as posibilidades de encaixar o futuro inmoble, deseñándoo acaído á contorna. Hai que lembrar que a intención é levantar unha ‘peza singular’ de entre 3.500 e 4.000 metros cadrados de superficie nunha planta con soto que permita albergar a colección arqueolóxica do Museo.

Logo de ter realizado o taquimétrico chegará o momento do deseño do edificio, momento no que será preciso realizar outro estudo topográfico máis detallado para localizar os apoios base da construción. Hai que lembrar que, segundo indicou no seu momento o propio director do Museo, o Centro de Coleccións Patrimoniais de Guipúscoa, o Gordailua, é o modelo a importar posto que é un edificio concibido para aloxar os fondos, cunha definición de espazos e de áreas funcionáis moi ben estruturadas, e dotado cos equipos e medios precisos para desenvolver as súas funcións. 

A roza da maleza da parcela de Valdecorvos converterase nun recurso en lugar de ser un elemento do que desfacerse. De feito, a coordinación entre o persoal técnico do Museo e a equipa do Plan Revitaliza permitirá que todo ese material leñoso se destine a estruturante para compostaxe. Así, a empresa responsable do desbroce levará todo o material cortado a Prícipe Felipe, onde a maquinaria provincial o triturará para despois achegalo aos diferentes centros de compostaxe do Revitaliza para que as persoas usuarias o poidan utilizar.



Ad Code

Responsive Advertisement