jueves

Os #PonteLovers póñense en pé...

O departamento de Promoción Económica do Concello de Pontevedra anuncia que pon en marcha unha plataforma para impulsar a recuperación das actividades comerciais de proximidade, liderada por coñecidos hosteleiros, comerciantes e empresariosE o refere asi : "Ademais do seu tremendo custe en vidas, a crise sanitaria do Covid-19 tamén está a golpear de xeito contundente ás pymes e actividades comerciais de proximidade, especialmente no que se refire a pequenos establecementos, tendas, restauración e hotelería. Fomentar o consumo nos comercios e negocios de hostelería da nosa cidade, axudar a compensar as consecuencias do confinamento nos sectores comerciais e de lecer a nivel local e reiniciar a vida social e económica de Pontevedra son os principais obxectivos da plataforma #PonteLovers, posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Turismo en colaboración cos propios hosteleiros, comerciantes e empresarios".

A iniciativa traducirase "nunha potente campaña publicitaria que se fará visible a través de redes sociais, medios de comunicación, puntos de venda e soportes exteriores, e que se desenvolverá ao longo de tres fases diferentes (en función da duración das medidas do estado de alarma): a inicial, ata o remate do confinamento; a segunda, a máis intensa, nas primeiras semanas de vida ‘normal’, e unha última, de estabilización.
A acción inaugural deste plan municipal, deseñado en colaboración coa firma especializada Carta Blanca, consiste na difusión dunha batería de vídeos domésticos protagonizados, ademais de pola propia concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, por profesionais que contan con sona e recoñecemento na economía de Pontevedra, esencialmente empresarios e empregados dos sectores da hostelería e o comercio.

La edil pontevedresa Yoya Blanco