Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Xunta adelanta casi una semana el pago de la RISGA

A medida forma parte do Plan social de continxencia posto en marcha polo Goberno galego
A XUNTA ADIANTA PRETO DUNHA SEMANA A DATA DE PAGAMENTO DA RISGA PARA ALIVIAR A ECONOMÍA DOMÉSTICA DE 10.000 FAMILIAS GALEGAS
O Goberno galego destina neste mes de abril 4,5 millóns de euros ao pagamento desta prestación

A Xunta de Galicia adianta preto dunha semana o pagamento da Renda de inclusión social de Galicia (Risga) do mes de abril para aliviar a economía doméstica de 10.000 familias galegas. Trátase dunha medida pioneira na nosa comunidade para a que o Goberno galego destinará un investimento de 4,5 millóns de euros. 
O Consello da Xunta deu onte luz verde a esta medida e lanzouse a orde de pagamento. Deste xeito, en lugar de percibila nos últimos días do mes, os beneficiarios desta prestación xa comezarán a cobrala coa intención de minimizar o impacto do coronavirus nos fogares máis vulnerables. 

O importe medio da Risga é de 550 euros ao mes, logo de que se introduciran novidades o ano pasado. Con estas modificacións, engadiuse un tramo de inserción, para facilitar que a persoa perceptora mellore a súa formación; e outro tramo de transición ao emprego, que permite compaxinar Risga e salario durante seis meses e garantir así unha transición suave ao mercado laboral. 

Plan social de continxencia
Esta iniciativa forma parte do Plan social de continxencia no que tamén se atopan medidas como o teléfono social (900 400 800), que está á disposición das persoas que teñan dúbidas básicas, que necesiten acompañamento ou atención psicolóxica e que atendeu desde a súa posta en marcha máis de 2000 chamadas. 

En segundo lugar, o seguimento telefónico aos 14.400 usuarios de centros de día e ocupacionais e, para os fogares que o necesita, o reparto de comida a domicilio, que xa chega a 250 familias máis. Un correo electrónico para a detección rápida de situacións de risco (atencionsocialemerxencia@xunta.gal). 


En cuarto lugar, unha axuda económica para os nenos que dispuñan dunha bolsa de comedor da súa escola infantil, colexio ou instituto, das que se beneficiarán máis de 51.000 fogares galegos. Un Servizo de Axuda no Fogar (SAF) extraordinario para as persoas que necesiten coidados a domicilio, por un importe de 6 millóns de euros. 

O Goberno galego tamén procedeu á exención das cotas das escolas infantís, centros de día e ocupacionais con financiamento público e publicouse a maior orde de axudas da historia de Galicia destinada ás entidades de inclusión social, por un importe de 18,3 millóns de euros. 

E por último, a Xunta distribuíu preto de 400 dispositivos móbiles en residencias de maiores, persoas con discapacidade e centros de menores para facilitarlles aos residentes a comunicación coas súas familias, a través de videoconferencia.  





Ad Code

Responsive Advertisement