Nas xuntanzas, Demetrio Gómez, ademais, de explicar a organización dos traballos e responder a cuestións puntuais sobre esta actuación, trasladoulle aos representantes das asociacións o compromiso do Concello de garantir que as obras teñan o menor impacto posible para os comercios, locais de hostalería e empresas que traballen de cara ao público, en canto estes poidan abrir as súas portas. Así mesmo, e ao igual que en todas as obras que promove o Concello, asegurou o cumprimento dos protocolos de seguridade e prevención derivados da crise sanitaria do Covid-19 para protexer tanto a saúde dos traballadores e traballadoras da obra como dos veciños e veciñas da zona. A este respecto, a organización do traballo en dúas quendas terá en conta as condicións de confinamento das persoas que viven no barrio.
Organización das obras
Durante a primeira semana procederase á localización e marcado dos servizos e á preparación do traslado da parada dos taxis para Cobián Areal. Tamén está previsto acondicionar unha parcela para almacén de maquinaria e para acopios e servizos para os propios traballadores.
A partires do luns 4 de maio, a previsón é dar comezo aos traballos de demolición, comezando polo estremo pegado á Praza do Hospital no treito cara a rúa 12 de novembro. Neste tramo demolerase primeiro o lado dereito e instalanse os novos servizos. Tras estes traballos, simultanemaente procederase ao pavimentado do lado dereiro e á demolición do lado esquerdo e instalación dos novos servizos.
Cara finais do mes de maio, prevese o comezo dos traballos de renovación dos servizos na zona do Castañal, que conlevará un plan específico de tráfico.
A organización do tráfico definirase en función do avance das obras e sempre en coordinación coa policía municipal. En todo caso, o Concello prevé como prioridade garantir o tráfico de servizos e de carga e descarga, básicos na dinamización da actividade económica, e o acceso peonil para todas as persoas durante a realización das obras. A circulación nun único sentido de entrada en Loureiro Crespo incorporarase segundo o avance dos traballos.
![]() |
O concelleiro Demetrio Gómez, en pose telemática |