Esta aceleradora de empresas está dirixida as pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que cumpran unha serie de requisitos, entre os que se atopan que os seus negocios fosen afectados polo COVID-19, persoas que desexen reorientar ou poñer en marcha a súa actividade en liña ou persoas cun proxecto empresarial ligado a este sector en fase temperá ou cun alto potencial de desenvolvemento.
O programa executarase entre o 25 de maio e o 30 de setembro, prestando apoio aos 10 proxectos seleccionados mediante un plan intensivo de titorías e mentorizaciones acompañados polo equipo de persoas asesoras de Smartpeme así como un plan de capacitación a través de diversos talleres formativos.
O prazo de presentación de solicitudes estará vixente ata o 8 de maio de 2020 ás 15.00 horas. Clicando AQUÍ poderase consultar as bases do programa e acceder a ligazón do formulario de inscrición.
Será indispensable a presentación dunha memoria do proxecto, explicando detalladamente a idea e os obxectivos que se desexa alcanzar ao participar neste programa. Esta memoria, xunto coa información sobre o grao de innovación da empresa e o equipo participante serán os criterios para valorar para a preselección de proxectos.