Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Audiovisual de la Deputación premiado en importante certamen en Nueva York

Chega a nova da medalla de prata que acadou o audiovisual “Fame de experiencias” no Tv & Film Awards Festivals de New York.
O AUDIOVISUAL “FAME DE EXPERIENCIAS” DA CAMPAÑA TURÍSTICA 2019 DA DEPUTACIÓN ÁLZASE COA MEDALLA DE PRATA NOS TV&FILM AWARDS FESTIVALS DE NEW YORK
A institución e o destino Pontevedra Provincia foi a única representación estatal con medalla na modalidade “Turismo” competindo con 15 países do mundo tras superar unha primeira criba na que participaron ata 50 destinos.

Novo recoñecemento internacional, e xa van tres, para a campaña “Fame de experiencias” coa que a Deputación de Pontevedra promoveu en 2019 o destino Pontevedra Provincia. O audiovisual, producido pola empresa Esmerarte, vén de alzarse coa medalla de prata nos TV&Film Awards Festivals de New York.
En New York, o feito de situarse entre os 15 finalistas xunto a destinos como Azerbaijan, Nova Zelanda, Dinamarca, Serbia, Grecia, Chile, Suíza, Singapur, Portugal, Noruega, Finlandia, Francia ou a propia cidade de Madrid, era xa para a presidenta da Deputación “un auténtico premio”. Agora, esta medalla “nos sitúa como o único destino estatal en acadar o podium e temos unha excelente oportunidade de difundir o noso destino en novos mercados e representantes da industria audiovisual, influencers, cineastas e directores creativos de todo o mundo”.
O vídeo “Fame de experiencias”, promove a gastronomía de excelencia da provincia de Pontevedra, poñendo en valor ás persoas produtoras e ao produto de excelencia e de calidade que se xera nunha contorna única: Rías Baixas.


Ad Code

Responsive Advertisement