23.04.20. Situación de los ERTE en Galicia

Datos actualizados das solicitudes de Erte presentadas a día de hoxe en Galicia e o número de traballadores afectados. A Xunta está poñendo todos os medios ao seu alcance e está resolvendo todos os expedientes en prazo, insisten desde o Goberno autonómico. De feito, actualmente xa se resolveron máis de 30.000, o 90% do total de Ertes presentados.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activa unha páxina web, ceei.xunta.gal/coronavirus, con toda a información relativa ao coronavirus e ás medidas económicas aprobadas para apoiar o tecido produtivo fronte ás consecuencias do COVID-19.
Ademais, a Xunta puxo en marcha unha liña de teléfono gratuíta para atender as consultas de empresas e traballadores afectados por un Erte: 900 815 600