miércoles

Arbo apoya a sus mayores de 70 años con taxis gratuitos

Muy interesante iniciativa del pequeño Concello de Arbo. Taxis gratis para los mayores de 70 años en la lucha contra el coronavirus.

SERVIZO DE TAXI GRATUITO PARA LOITAR CONTRA O CORONAVIRUS
O Concello de Arbo dende o pasado mes de marzo, ofrece servizo gratuito de taxis para os arbenses que o precisen. 
O Servizo de taxi gratuíto, segue en activo mentres que a crise sanitaria dure. 
Os gastos deste servizo será asumido polo Concello de Arbo, con cargo os seus orzamentos. 

Unha vez decretado o Estado de Alarma polo goberno do Estado dende o 14 de marzo ata o 11 de abril de 2020, e para dar cumprimento por parte do Concello de Arbo a Atención Domiciliaria que xurde ante a crisis polo Covid-19 e facilitar aos colectivos máis vulnerables, como son as persoas maiores, o Concello de Arbo puxo en Marcha o Servizo de Taxis Gratuito para aqueles que o precisen.
Para as persoas de máis de 70 anos ou que se atopen nunha especial situación de vulnerabilidade, por resolución da alcaldía procedeuse a comunicar a todos/as os/as taxistas de Arbo  que esten dispoñibles de maneira gratuita, para  realizarlles a compra nos supermercados máis cercanos e nas farmacias do Concello e levarllo as súa vivendas. Os gastos ocasionados polo servizo de taxis serán asumidos polo Concello de Arbo, con cargo aos seus orzamentos 

"Somos conscientes do esforzo que supón para todos e todas o mantemento de duras medidas que seguen a condicionar de maneira extraordinaria o noso día a día. Este esforzo sigue a ser hoxe máis necesario ca nunca, especialmente, polas persoas máis vulnerables, polos nosos maiores. Eles construíron o Arbo que coñecemos e desfrutamos, superando tempos moi difíciles, adversidades e traballando arreo, con escasos recursos e pasando moitas necesidades", manifesta o alcalde do Concello, Horacio Gil, e así o reflexou no comunicado trasmitido aos  veciños e veciñas de Arbo.  "Hoxe, cando deberían estar desfrutando do merecido descanso e de todo o conseguido, están a sufrir o ataque despiadado deste virus. É a nosa responsabilidade protexelos", remata Horacio Gil, que ademais pide que se leven a cabo as medidas aplicadas polas autoridades sanitarias, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.