Con
motivo do Día da Terra e ante a incipiente necesidade de mitigar o
cambio climático, Ence aposta por produtos sostibles producidos
a partir de celulosa como unha opción sostible fronte aos derivados do
petróleo como o plástico, ofrecendo un material realizado a partir de
materias primas renovables e respectuoso co medioambiente.
A
celulosa permite fabricar produtos non tan comúns como encimeras de
cociña,
embelecedores ou salpicadeiros de coche, posicionándose como unha
clara alternativa a outros materiais con profundas pegadas ambientais.
Unha das apostas máis rechamantes que realizou Ence é a produción de
celulosa para viscosa, utilizada na industria téxtil.
Este material supón unha opción ecolóxica ante o poliéster e as teas
sintéticas non biodegradables, procedentes principalmente do petróleo.
Ademais, as fibras téxtiles producidas a partir de pasta de celulosa, e
por tanto de madeira, teñen menor pegada de
carbono e hídrica que o algodón e a diferenza das fibras artificiais,
xa que non xeran microplásticos.
Actualmente,
a compañía ten en marcha diversos proxectos de I+D+i en celulosa,
como o denominado NOVACELL, que é un proxecto en punta de tecnoloxía
enmarcado no campo da bioeconomía, que fará posible a obtención de
nanocelulosas que abrirán o camiño á fabricación dun amplo abanico de
innovadores produtos fabricados cunha materia prima
renovable, como é o eucalipto, para substituír a materiais derivados do
petróleo e plásticos.
Deste
xeito Ence, como compañía comprometida co medioambiente, busca
contribuír
coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos
pola ONU, loitando contra o cambio climático mediante o desenvolvemento
de produtos a partir de celulosa e reducindo o consumo de materiais
derivados do petróleo, os cales xeran un gran impacto
ambiental.
Este
compromiso co medio ambiente foi recoñecido por organismos
internacionais
a través de diversas certificacións, como a ecoetiqueta Nordic Swan,
selo oficial dos países escandinavos, por cumprir os criterios máis
esixentes de respecto ambiental.