Responsive Ad Slot

Latest

latest

Román Rodríguez advierte que el bigobierno de Sánchez sigue de espaldas al Xacobeo 2021

O conselleiro lamentou na Conferencia Sectorial de Cultura que o Goberno destine 25 millóns para promover Barcelona como capital cultural “cando a verdadeira capital cultural de España no 2021 vai ser Santiago de Compostela”  ////Subliñou que “o tempo se esgota” e a poucos meses para o inicio do Ano Santo xa non é posible por parte do Executivo central cumprir cos prazos para impulsar proxectos de calidade ////Pide que se convoque unha xuntanza do Consejo Jacobeo na nosa Comunidade antes do verán para avanzar na organización desta celebración /////
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, censurou no marco da Conferencia Sectorial de Cultura celebrada hoxe en Madrid que o Goberno central “xa non chega a tempo” para o Xacobeo 2021 e demandou compromisos reais e investimentos concretos acordes coa magnitude da celebración. Durante a súa intervención neste encontro, presidido polo ministro de Cultura e Deporte, José Manuel Rodríguez Uribes, subliñou que a poucos meses para que comece o Ano Santo xa non é posible cumprir por parte do Executivo central os prazos necesarios para a posta en marcha de proxectos ambiciosos e de calidade. 
Neste sentido, o responsable de Cultura e Turismo da Xunta lamentou a situación de “agravio comparativo”, xa que mentres o Xacobeo 2021 aínda non conta cun plan de investimentos real, o presidente do Goberno acaba de anunciar unha partida de máis de 25 millóns de euros para promover Barcelona como “capital cultural”. “Se existe un lugar que vai exercer como verdadeira capital cultural de España e de toda Europa no ano 2021 vai ser Santiago de Compostela e toda Galicia”, defendeu, ao tempo que incidiu na dimensión internacional do vindeiro Ano Santo. 
A este respecto, Román Rodríguez explicou que respecta que o Executivo central invista noutras comunidades, se ben instouno a comprometerse en maior medida cun evento como o Xacobeo 2021, que permitirá difundir non só o nome de Galicia senón o de toda España ao longo de todo o mundo. 

Outra comisión de coordinación
Deste xeito, o conselleiro de Cultura e Turismo criticou a “improvisación” do Goberno central co próximo Ano Santo e lamentou que na Conferencia Sectorial de Cultura só se abordase a creación dunha nova comisión de coordinación dentro deste Ministerio cando xa existen outros cinco entes de colaboración operativos. Entre eles, citou a Comisión Organizadora do Xacobeo, creada en Galicia por iniciativa da Xunta coa presenza do Executivo central que xa leva dous anos a pleno rendemento. 
“O Goberno quere seguir coordinando a coordinación da coordinación, pero o que España e Galicia necesitan son compromisos concretos”, concluíu Román Rodríguez, quen precisamente aproveitou o encontro para trasladar unha batería de medidas necesarias de cara ao vindeiro Ano Santo. Entre as demandas que formulou destaca a convocatoria dunha xuntanza do Consejo Jacobeo en Galicia neste semestre para avanzar na planificación e organización desta celebración a través deste ente, no que está representado o Goberno central e as comunidades polas que transcorren os Camiños recoñecidos como Patrimonio da Humanidade, e onde solicitou incorporar tamén a Andalucía e Estremadura. 

Outra das súas reclamacións foi a posta en marcha do Plan de BICs no Camiño de Santiago, que comprometeu o anterior responsable de Cultura hai máis dun ano, así como o desenvolvemento do Plan Nacional dos Camiños de Santiago. O conselleiro de Cultura e Turismo insistiu en que se trata dunhas demandas non só de Galicia, senón do conxunto de comunidades autónomas polas que transita a Ruta Xacobea e que están recollidas nun documento conxunto que xa foi remitido ao ministro. 



Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo