Irene Trabazo, unha das novas promesas do ciclocrós español,
reivindicou, coincidindo co Día da Muller, o papel que a muller está a
exercer dentro do deporte de competición e, máis concretamente, no
ciclocrós:
“É unha das disciplinas do ciclismo onde o sector feminino está a
aumentar de forma exponencial, xa que cada vez somos máis. Recordo cando
competín por primeira vez que en categoría cadete non eramos moitas
máis de 10, agora hai grellas de 30 ou 40 nenas.”
Esta ciclista marinense de tan só 21 anos conta no seu palmarés cun Campionato de España e diversos títulos galegos, de participar nas probas da Copa do Mundo en países como Bélxica ou Francia e, mesmo, de disputar coa Selección Española o Mundial de Ciclocrós.
Os
seus inicios na bicicleta comezaron á curta idade de 8 anos, como un
mero hobby.
Por aquel entón, Irene puido probar diversas modalidades dentro do
ciclismo, e mesmo iniciarse noutros deportes como a natación. Con todo,
unha vez experimentou o ciclocrós, a marinense atopou a súa paixón,
atraída polo seu nivel de esixencia e as súas particularidades
únicas: “O ciclocrós é unha disciplina do ciclismo que é diferente a
todas as demais. Desenvólvese na tempada invernal, a duración é
relativamente curta (as miñas carreiras duran ao redor dos 45 min) e os
circuítos son totalmente cambiantes: hainos secos,
hainos mollados, hainos que son auténticos bulleirais… cada competición
é un reto e todos son diferentes.”.
Actualmente,
o 40% da poboación feminina en España practica deporte, cifra que non
parou
de crecer desde a década dos 90, cando a porcentaxe era de soamente un
22%. O cambio na sociedade tivo o seu reflexo na elite, onde se
multiplicaron os éxitos deportivos en modalidades femininas, sendo Irene
Trabazo unha proba deste cambio.
Non
hai dúbida de que chegar onde está gañoullo con suor, froito do esforzo
e a constancia.
Con todo, como beneficiaria por terceiro ano consecutivo do Plan Social
de Ence en Pontevedra, Irene destaca que o apoio da compañía foi clave
na súa mellora deportiva: “Sen dúbida a axuda de Ence está a ser
fundamental, xa que me permite estar en probas internacionais
como a Copa do Mundo, as mellores probas do planeta.”
Durante
o últimos tres anos, Ence axudou a 321 clubs e deportistas a través do
seu Plan
Social, destinando case 3.000.000€ a impulsar o deporte basee da
comarca. Mediante este plan refórzase a dedicación das deportistas que,
como Irene, suplen co seu sacrificio a falta de medios.
O
Plan Social de Ence en Pontevedra é unha das iniciativas sociais de
maior envergadura
realizada por unha empresa privada en España. Supón unha importante
contribución ao deporte basee e ao aumento da calidade de vida dos
cidadáns de Pontevedra e a súa comarca. Ademais, enmarcado na política
de Sustentabilidade levada a cabo por Ence, o Plan
contribúe a complementar a calidade na xestión ambiental da biofábrica
de Lourizán, acreditada polos recoñecementos da Comisión Europea á
mellora ambiental e pola ecoetiqueta Nordic Swan.
Foto : Escola Irene Trabazo )