A medida que los días pasan y con el nulo apoyo que supone el protagonismo errático de las posiciones políticas y protagonismos discutibles de algunos elementos de la casa central estatal, los populares gallegos se han dado cuenta de que necesitan hacer un esfuerzo final, apoyarse a si mismos, si en verdad quieren lograr que el 5 de abril Núñez Feijóo pueda tener la mayoría absoluta que ansía.
Alfonso Rueda: “somos o partido que máis se parece e que máis defende a Galicia”
Xunto a Corina Porro, reuniuse con interventores e apoderados de Vigo.
“Son o músculo do PP, a base, unha forza da que non pode presumir ningún outro partido e da que nos debemos sentir todos profundamente orgullosos”, sinala.
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, destaca que aínda que o obxectivo para o 5 de abril non é fácil, “o PP conta co mellor líder, porque non hai comparación posible entre Alberto Núñez Feijóo e o resto de candidatos; ten unha mensaxe clara, dicimos a miúdo que somos o partido que máis se parece a Galicia pero é que tamén somos o partido que máis defende a Galicia; e conta cun equipo de persoas, o músculo e a base do partido, disposta a traballar arreo durante estas semanas”.
Foi durante a reunión que esta tarde mantivo con interventores e apoderados de Vigo, e na que tamén participaron as candidatas Corina Porro, Marta Fernández Tapias e Teresa Egerique. Rueda aproveitou para poñer en valor a importancia da labor desinteresada que realizan os interventores e apoderados do partido, e que forman parte de todo ese equipo de persoas comprometidas co proxecto do PP, que forman parte da campaña que non se ve, pero que é fundamental para acadar resultados. “Sodes o músculo do Partido Popular, a base, unha forza da que non pode presumir ningún outro partido e da que nos debemos sentir todos profundamente orgullosos”.
Así, “para gañar as que son, posiblemente, as eleccións máis decisivas na historia do noso partido, porque nun escenario no que non hai maiorías absolutas, podemos conseguir a cuarta consecutiva, temos que facer a campaña como sabemos: en todas partes”. Nesta liña, incidiu en que hai que evitar o exceso de confianza, porque a vitoria hai que traballala e pelexala.