Atletismo. Ourense acogió el mejor campeonato de España de siempre

Rematamos un fantástico Campionato de España no que para moitos xa é un dos mellores tanto no organizativo como no de resultados de todos cantos se teñen desenvoltos ata o día de hoxe.
Ourense, Galicia e o resto do Estado vibrarían cunha gran cita atlética onde se poideron ver resultados e rexistros moi importantes o que confirma a excelencia da pista de Expourense. Con este campionato, o sintético ourensán sitúase no top de instalacións a nivel nacional e mesmo internacional convertíndoa nun referente de cara a futuras participacións de atletas internacionais na procura de bos rexistros.
Por si fora pouco a nivel organizativo Federación, Concello, Xunta, Deputación e demáis instancias públicas, amosaron a enorme capacidade no desenvolvemento dunha organización destas características abríndose a porta a novos e máis ambiciosos retos

Actuación galega
En canto a participación galega acadáronse un total de 6 medallas e (2 ouros, tres pratas e un bronce) dous postos de finalistas e catro mellores marcas personais.
Para comezar o foso de área tivo un claro acento galego xa que tanto Jean Marie Okutu como Ana Peleteiro e Leticia Gil amosaron o seu enorme talento para acadar uns fabulosos resultados para o noso atletismo.
A gran favorita Ana Peleteiro faría o xusto para acadar un novo título, nesta vez na súa terra, saltando tan só tres saltos válidos dous dos cales chegarían ata os 13.90 que lle darían a victoria.
Jean Marie Okutu na lonxitude ampliaría o seu impresionante palmarés, sumando o seu décimo primeiro título nacional absoluto de lonxitude nunha final fermosísima onde no último salto e cos rivais e público en pé animando, conseguría un salto de 7.93 m. que lle darían o título por dous centímetros sobre o seu rival Eusebio Caceres que non deixaria de animar nese último salto final a Okutu nun fermoso xesto de compañerismo e deportividade
Outra das medallas viría da man de Leticia Gil na lonxitude. A campioa de España do ano pasado non poido chegar a esta cita ó cento por cento, malia elo, as gañas de competir na súa casa, diante o seu público fixo que a do Barco de Valdeorras dera todo de si para saltar ata uns bos 6.19m. que serían os que lle brindarían a posiblidade de estar no podio.

Tanto Adri Ben como Belen Toimil viñan con moitísimas gañas a este campionato sabedores da etiqueta de favoritos que tiñan colgada sobre eles. Malia o seu bo comportamento sobre a pista, nada poideron facer fronte a un arrollador Pablo Sánchez quen marcaría un crono de 1:53.64 e a unha veteranísima Úrsula Ruiz que con 16.42 m. en peso, engade este novo título e incrementa un palmares ó alcance tan só das lendas.
Saleta Fernández en altura estaría loitando ata o remate polo ouro nunha tempada na que viña con moitas dúbidas polos seus problemas físicos, máis a internacional, moi fiable nas grandes citas, cedería tan só ante Cristina Ferrando quen chegaría ata os 1.85 polos 1.79 da monfortina que lle darían a prata con sabor a ouro.
Ademáis das medallas foron salientables os postos de finalistas acadados por unha fantástica Esther Navarrete nos 3.000 onde chegaría no cuarto lugar así a do velocista Mauro Triana quen da mesma maneira remataría a final no quinto lugar na proba dos 200 m.
Mención sempre aparte e agarimosa merece a actuación de Solange Pereira (sen ficha por Galicia este ano) quen lograría a medalla de bronce nos 1.500 m. e que sería distinguida cunha placa polo presidente da FGA Isidoro Hornillos, en recoñocemento ó seu compromiso e entrega co atletismo e ca Selección Galega durante todos estes anos.

Medallas acadadas
Jean Marie Okutu, Campión de España en Lonxitude con 7.93 m.
Ana Peleteiro, Campioa de España de Triplo con 13.90 m.
Saleta Fernández, Subcampioa de España en altura con 1.79 m.
Belén Toimil Subcampioa de España de peso con 16.16 m.
Adrián Ben, Subcampión de España de 800 m. con 1:53.76
Leticia Gil Medalla de bronce en lonxitude con 6.19 m.

Postos de finalistas
Esther Naverrete do F.C.Barcelona 4ª na final dos 3.000 m. con 9:20.02
Mauro Triana do Playas de Castellón, 5º nos 200 m. con 21.54

Resto de actuacións galegas
Javi García do Lugo Runing, 8º nas semifináis dos 60 m. con 6.95
Miguel Pérez do Lucus Caixa Rural Galega 5º con 8.36 nas eliminatorias dos 60 valos
Nerea Iglesias do Fontes do SAR, 8ª nas roldas semifinais dos 60 m. con 7.76 (MMP)
Eva Queimaño do A.F.Celta 8ª nas roldas clasificatorias dos 60 valos con 8.99 (MMP)
Antía Martínez do Ría Ferrol, 6ª nas roldas clasificatorias dos 60 valos con 8.91 (MMP)
Lucía Ferrer do Gimnástica, 6ª nas roldas clasificatorias dos 60 valos con 8.93 e
Sergio Rodríguez (Surco) 3º nas roldas clasificatorias dos 200 m. con 22.08
Claudia Torres da Gimnástica, 4ª nas roldas clasificatorias dos 200 m. con 25.73
Pedro Juncal do Real Club Celta, 6ª nas semifinais dos 400 m. con 49.12
María Carballido do Atletismo Friol, 4ª nas semifinais dos 800 m. con 2:14.50
Elian Numa López do Coruña Comarca, 2º nas semifinais dos 800 m. con 1:51.09
David de la Fuente da Gimnástica 3º nas semifinaias dos 800 m. con 1:50.56 (MMP)
Angela González do A.D.Marathon, 6ª nas semifinais dos 1.500 m. con 4:34.75
Eva Arias da Gimnástica 9ª nas semifinais dos 1.500 con 4:39.55
Leticia Fernández do Valencia A. 6ª nas semifinais dos 1.500 m. con 4:33.48
Pablo Bocelo do Atletismo Narón, 6º na semifinais dos 1.500 m. con 3:57.93
Carlos Porto da Sociedad Gimnástica, 10º na semifinais dos 1.500 m. con 3:59.28
Alex Fernández do Ourense Atletismo, 12º na final dos 3.000 m. con 8:32.13
Xela Martínez (Sub16) da E.A.Lucense, 10ª nos 3.000 m. con 10:05.33

Atletas extranxeiras con ficha por Galicia
Edymar Brea* do ADA Calvia, 10ª nos 3.000 m. con 9:39.62 (MMP)
Nedyam Nory Vargas* do Playas de Castellón, 8ª nas combinadas con 3.961 p.