Page Nav

HIDE

Classic Header

{fbt_classic_header}


Breaking News:

latest
"rías baixas tribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Temporal costero en las provincias de A Coruña y Lugo

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral...

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro comezará esta tarde e afectará ao noroeste e ao oeste da costa coruñesa e á Mariña luguesa. Agárdanse ventos do sur de forza 8 e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros. 
Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos, e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.


Tamén se aconsella a suspensión das actividades no mar naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade e revisar os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



Entrada destacada

Otra vez el síndrome anti-Portugal : ¿falta de tacto, manipulación de la realidad, ignorancia...?.

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno.  Es de agradecer el interés que muestras por esta opción....

Pensamiento al cierre...

"Há faunos e elfos escondidos, prontos a barrar o nosso caminho comum. Saber da sua natureza e propósito é condição primeira para viver melhor na Hispânia nossa". (António LEITE)