jueves

Las exportaciones gallegas vuelven a marcar un nuevo récord al superar los 22.000 millones

AS EXPORTACIÓNS GALEGAS VOLVEN MARCAR UN NOVO RÉCORD AO SUPERAR OS 22.000 MILLÓNS DE EUROS EN 2019 
As vendas ao exterior das empresas da Comunidade sumaron o ano pasado un total de 22.196,7M€, tras experimentar unha suba do 18,4% en decembro. ///Galicia rexistra unha balanza comercial positiva en 2.382,5M€, mentres que a nivel nacional se acumula un déficit de 31.979,6M€. ///Destaca o incremento das vendas a América do Norte (+23,1%), África (+8,6%) e Asia (+6,8%)A Xunta ten activa unha nova liña de apoios dirixida a impulsar a internacionalización dixital do tecido produtivo galego, dentro dos programas Galicia Exporta, que contan nesta edición con 11,2M€. ///
As exportacións galegas rexistraron o ano pasado un novo récord, cun total de 22.196,7 millóns de euros, superando nun millón de euros o dato definitivo de exportacións do 2018. No tocante ao saldo comercial, Galicia rexistra unha balanza positiva en 2.382,5 millóns de euros, mentres que a nivel nacional se acumula un déficit de 31.979,6 millóns de euros. En termos absolutos, a balanza comercial galega é a cuarta mellor das comunidades autónomas.

Segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, nos que se calcula a evolución interanual en comparativa cos datos provisionais do ano anterior, as exportacións galegas experimentaron unha suba do 18,4% no mes de decembro con respecto ao mesmo mes do ano anterior, case tres veces o incremento rexistrado no conxunto de España, que sobe un 6,6%. Este incremento ten contribuído a que en 2019 Galicia superase por segundo ano consecutivo a barreira dos 22.000 millóns de euros e que a Comunidade estea vivindo o mellor ciclo exportador da súa historia. 

Os produtos con maior repercusión positiva nas exportacións de decembro foron os vehículos automóbiles, que experimentan un incremento do 45,1% con respecto ao mesmo período do ano anterior, seguido polas materias téxtiles e as súas manufacturas, que soben un 26,2%. No acumulado do ano, cómpre destacar o crecemento das vendas ao exterior de máquinas e aparellos mecánicos (+10,2%), da industria química (+5%) e da industria agroalimentaria (+2,1%). Ademais, o ano pasado exportáronse barcos e embarcacións por valor de 246,9 millóns de euros. Por áreas xeográficas, en 2019 con respecto a 2018 destaca o incremento das vendas a América do Norte (+23,1%), África (+8,6%) e Asia (+6,8%). 


Estes resultados poñen de manifesto o gran esforzo que están a realizar as empresas galegas, investindo en innovación e talento como clave para competir e internacionalizarse. Neste ámbito, a Xunta ten activa unha nova liña de apoios dirixida a impulsar a internacionalización dixital do tecido produtivo galego. Esta nova iniciativa reforza os programas Galicia Exporta, que no seu conxunto contan nesta edición con 11,2 millóns de euros.