O festival SonRías
Baixas 2019, de Bueu, foi elixido finalista en
2
categorías na quinta edición
dos Iberian Festival Awards:
mellor festival de mediano
formato e
mellor comunicación. O 14 de
marzo saberanse os gañadores,
nunha gran gala que terá lugar
en Lisboa. Esta é a quinta
edición dos Iberian Festival
Awards, uns premios que serven
para recoñecer as mellores
citas culturais do mercado
portugués e español.
O festival traerá,
por fin, a Bueu na súa 18ª
edición -que se celebrará os
30, 31 de xullo e 1 de
agosto- a El Drogas,
un dos artistas máis
demandados polo público do
Festival ao longo da súa
historia. O que fora
cantante e baixista de
Barricada é un dos máximos
representantes do rock
español e trae ao SonRías o seu proxecto
máis ambicioso, no que hai
sitio para os seus grandes
clásicos, pero tamén para
novas sonoridades e para a
literatura, a actualidade, o
amor e o compromiso social.
Compromiso
que comparte a outra artista
que anuncia hoxe o festival
de Bueu: a arxentina Sara
Hebe, unha das voces
máis salientables do
underground latinoamericano
actual que volve ao SonRías
Baixas coa fórmula coa que
conquistou ao público do
festival hai un par de anos:
rap, cumbia e electrónica
adobiados cunha efervescente
actitude punk. Feminismo global
para un dos concertos que
máis dará que falar neste
SonRías Baixas 2020.
Estes
dous artistas súmanse ao
cartel do 18º SonRías
Baixas, ao que aínda lle
faltan moitos nomes pero no
que xa destacan o mellor
rapeiro en lingua hispana do
mundo, Kase.O, o
punk-rock dos Desakato,
os ritmos do mundo de García
Mc & Nación Quilombo e
a paixón pola tradición
balcánica de Balkan
Paradise Orchestra.
As
entradas para o Festival
están á venda na web
sonriasbaixas.info cun prezo
especial e limitado de 41€
máis gastos os tres días de
concertos, acampada
incluída.