lunes

Pleno de Mos condena abiertamente tejemaneje del Gobierno provincial

El Pleno del Concello de Mos condenó abiertamente hoy el proceder del Gobierno de la Deputación de Pontevedra, que presuntamente habría utilizado a los medios de comunicación para montar algarada sobre un importante asunto del que debería de haber tenido conocimiento, tanto el Concello citado como la Xunta de Galicia, cuando menos al mismo tiempo que los llamados notarios de la actualidad.
La firme condena expresada hoy le servirá de muy poco a los gobernantes de Mos, pues es evidente que el llamado "Gobierno de Carmela Silva", en asuntos como este, suele proceder a entonar el "predícame fraile que por uno me entra y por otro me sale..."
O Pleno de Mos aproba por maioría a moción do PP na que se lle esixe responsabilidades á Deputación por filtrar á prensa o informe sobre a modificación puntual do PXOM - Os votos favorables corresponderon ao grupo de goberno, mentres que o PSOE votou en contra e GañaMos e BNG decidiron non participar na votación - O informe en cuestión foi filtrado o 10 de xaneiro, pero ten rexistro de saída do día 15 e non foi recibido pola Xunta ata o 17 de xaneiro - O goberno local mosense considera esta filtración unha grave deslealdade institucional 
O Pleno da Corporación Municipal mosense, na súa sesión ordinaria do mes de xaneiro celebrada esta mañá no Pazo de Mos, aprobou por maioría dos seus membros a moción do grupo municipal do Partido Popular sobre o informe da Deputación Provincial respecto da modificación puntual nº 1 do PXOM.
A votación contou co apoio do grupo de goberno, PP, o voto en contra do PSOE, e a decisión de non votar a moción por parte de GañaMos e BNG. Camilo Augusto Martínez, tenente alcalde e voceiro do grupo municipal do PP de Mos, realizou a exposición desta moción na que “se denuncia que o informe da Deputación Provincial de Pontevedra respecto da modificación puntual do Nº 1 do PXOM fora enviado á prensa antes de mandarllo ao interesado, que é o Concello de Mos. E visto que desde o momento que llo filtran primeiro aos medios, en lugar de entregarllo ao Concello, hai un claro interese político e prodúcese unha grave deslealdade institucional. Por iso desde o Partido Popular de Mos queremos esixir responsabilidades a este respecto”, argumentou Augusto.
O voceiro popular apuntou tamén que “a dubidosa e escura intencionalidade deste feito apunta a unha estratexia orquestada e claramente dirixida por parte do goberno da Deputación de Pontevedra, neste caso polo tanto, polo Partido Socialista. Unha vez máis non se está a primar o interese xeral de Mos, senón que se priman os intereses políticos”.
Por todo elo, a través da súa moción, o PP de Mos insta á ratificación por parte do Pleno da denuncia sobre o claro interese político e a grave deslealdade institucional por parte da Deputación de Pontevedra ao enviar primeiro aos medios de comunicación que ao Concello un informe que non foi recibido ata o 17 de xaneiro. Esixir respecto para o Concello de Mos e as desculpas públicas por parte da Presidencia da administración provincial ante tan grave feito. Que os dirixentes e representantes da Deputación asuman responsabilidades ante este agravio ao Concello de Mos. E entre eles a deputada e voceira socialista de Mos, Victoria Alonso, “que non se preocupa en absoluto en defender a Mos, tan só defende os intereses do PSOE e nin se preocupa de que os trámites da administración provincial á que representa cheguen en tempo e forma ao seu Concello”.

Cómpre lembrar que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informaba o pasado 17 de xaneiro de que a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia viña de recibir o informe sectorial da Deputación de Pontevedra sobre a modificación puntual Nº 1 do PXOM. Ao devandito informe aínda se lle dera rexistro de saída na Deputación o mércores día 15 de xaneiro, pasadas as dúas e cuarto da tarde, cando se tiña filtrado á prensa o venres 10 de xaneiro, 7 días antes de recibilo a Xunta. Ante o que a rexedora local mosense volveu insistir hoxe no Pleno na gravidade deste feito.
A alcaldesa considera o informe da Deputación “un documento que ataca ó interese xeral de Mos. Xa que teñen que limitarse a informar sobre un vial vial provincial afectado que se trata dunha estrada case en desuso ao existir outra estrada provincial máis recente que comunica esa zona. Asunto que se solucionaría coa trasferencia da titularidade do vial ao Concello, que é o que imos pedir”. No informe provincial di que a modificación do PXOM “non resolve o grave problema que se crea na continuidade do servizo público viario”.
Sen embargo Arévalo argumenta que “todo o contrario, xa que se pasa dunha vía de 2 carrís actuais en curva a unha proposta áxil de 4 carrís rectos de maior capacidade mellorando as conexións coa Universidade e hospitais desde Puxeiros e Mos”.
O documento remitido pola Deputación tamén indica que a modificación “non dá cumprimento a clasificación urbanística do solo ao marxe do viario proposto”, pero Arévalo aclara que “non é a administración provincial quen ten que informar sobre a clasificación do solo, non lle compete, será Urbanismo da Xunta de Galicia quen se pronuncie nos aspectos de clasificación urbanística”. Tamén alude a Deputación Provincial a que “non concreta titularidades e forma de obtención dos terreos”, pero “como xa se dixo”, sentencia a alcaldesa, “o Concello de Mos está aberto ao diálogo e ver coa Deputación de Pontevedra as mellores solucións para a zona coa colaboración ou convenios necesarios como noutros casos da provincia de Pontevedra, nos que se transferiu a titularidade dos viais afectados aos Concellos”.