A
música da Banda de Lombás é festa, é baile, é
tradición, é unha posta en valor da música
tradicional galega a través da súa riqueza rítmica.
Baseándose na sonoridade dos ventos, o seu
espectáculo mestura repertorio tradicional
galego extraído de gravacións de campo e
composicións propias interpretadas cunha
formación xenuínamente galega e moitas veces
esquecida nos torreiros: a banda.
Ademais da recuperación desta sonoridade pouco lembrada dentro dos cánones da música tradicional, a liberdade é tamén unha das bandeiras principais da Banda de Lombás, que expresan a través do seu vestiario: roupa libre e sen xénero cuns deseños coloridos e intercambiables feitos pola deseñadora catalana Miriam Alemany.
O referente principal que a formación ten sobre as bandas é o das bandas pequenas das aldeas. Despois de ler A lingua das bolboretas, do escritor Manuel Rivas, decidiron que eles tamén querían ser coma os oito músicos do relato que van tocar a Santa Marta de Lombás, un lugar ficticio que quixeron recuperar para darlle nome a este grupo formado por Mario G. Cortizo (percusión e dirección musical), Rober Bao (percusión), Marta Romero (clarinete), Patricia Cadaveira (saxo alto), Helena Otero (saxo tenor), Álex Vázquez (trompeta), Luis Miranda (trombón), Latash (tuba).

Unha mostra da
forza acústica
dos instrumentos das bandas
populares
Despois dunha pequena enquisa
ante o seu público, pódese dicir que A Banda de
Lombás soa a verbena, a vermú, a
torreiro, a viño… Utilizando ritmos e técnicas
contemporáneas que respectan sempre a estrutura do
baile, a banda prepara a todas as persoas asistentes
aos seus espectáculos para deixarse levar, para
bailar sen prexuízos, e para gozar dunha festa e
un repertorio no que os instrumentos son os
protagonistas.