GALICIA : CHAMAMENTO Á POBOACIÓN DE RISCO
PARA QUE ACUDA AO SEU CENTRO SANITARIO DE REFERENCIA
PARA, ENTRE TODOS, LOGRAR QUE A INCIDENCIA
DA GRIPE SEXA A MENOR POSIBLE
Cómpre recordar que a vacina é a mellor forma para protexerse fronte á gripe e evitar as complicacións asociadas a ela.
PARA QUE ACUDA AO SEU CENTRO SANITARIO DE REFERENCIA
PARA, ENTRE TODOS, LOGRAR QUE A INCIDENCIA
DA GRIPE SEXA A MENOR POSIBLE
Cómpre recordar que a vacina é a mellor forma para protexerse fronte á gripe e evitar as complicacións asociadas a ela.
Os galegos que aínda non se vacinaron poden facelo ata o 27 do mes de decembro, nos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade.
Desde este mesmo ano, o Sergas inclúe como poboación obxectivo aos nenos de entre seis meses e dous anos de idade que naceran prematuros.
Ata o momento, xa son máis de 587.000 os galegos que se vacinaron, 34.670 máis que na mesma data do ano pasado, na que había rexistradas 552.311 persoas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu este mediodía a vacinarse da gripe no centro médico de San Caetano, dentro da campaña de vacinación que está a levar a cabo o Servizo Galego de Saúde contra esta enfermidade, momento no que aproveitou para facer novamente un chamamento á poboación de risco para que acuda ao seu centro sanitario de referencia para, entre todos, lograr que a incidencia da gripe sexa a menor posible. Non en van, a vacina é a mellor forma para protexerse fronte á gripe e evitar as complicacións asociadas a ela.
Os galegos que aínda non se vacinaron poden facelo ata o 27 de decembro, data na que remata a campaña, nos arredor dos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade, entre os que destacan centros de saúde e hospitais da rede Sergas ou residencias da terceira idade.
A Consellería de Sanidade recomenda a vacinación a todas as persoas de 60 ou máis anos, aos residentes en institucións pechadas de calquera idade, ás mulleres embarazadas e a aquelas persoas con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe. Tamén, desde este mesmo ano, o Sergas inclúe como poboación obxectivo aos nenos de entre seis meses e dous anos de idade que naceran prematuros.
Do mesmo xeito, convídase a recibir a vacina a aquelas persoas que por razóns de convivencia ou laborais lle poden transmitir a gripe a persoas incluídas nos colectivos de risco (caso dos traballadores sanitarios) e a profesionais que desenvolven servizos esenciais á comunidade.
Cómpre subliñar que, ata o momento, xa son máis de 587.000 os galegos que se vacinaron, 34.670 máis que na mesma data do ano pasado, na que había rexistradas 552.311 persoas.
Durante a pasada campaña do ano 2018 administráronse un total de 567.408 doses. Acadándose unha cobertura global nas persoas de 65 ou máis anos de case o 59%, cifra superada este ano.