A biofábrica de Ence en Pontevedra volve mellorar a calidade de todos os seus parámetros ambientais

A biofábrica de Ence en Pontevedra volve mellorar a calidade de todos os seus parámetros ambientais, que se sitúan moi por baixo dos límites fixados pola normativa ambiental española e europea.
 Así, o principal indicador do seu efluente, a denominada Demanda Química de Osíxeno (DQO), mellorou nun 44% durante o primeiro trimestre do ano respecto ao mesmo período do ano pasado, situándose un 59% por baixo do límite máximo que establece a Autorización
 Ambiental Integrada (AAI).
Así mesmo, os últimos datos revelan que a Demanda Química de Osíxeno mellora nun 79% o rango máximo establecido na normativa europea BREF de mellores prácticas
 ambientais do sector da celulosa para este parámetro.
Antonio Casal, Delegado de Ence en Galicia, destacou que “calquera cidadán pode seguir día a día os resultados de xestión ambiental de Ence-Pontevedra
 a través da páxina web www.encepontevedra.com. Apostamos pola transparencia total con esta pioneira medida, única na industria da celulosa”.
Todos os indicadores ambientais da biofábrica están sometidos a un rigoroso control a través de análises diarias da calidade do efluente a cargo de empresas
 acreditadas independentes, que se reportan ás autoridades ambientais de Galicia.
Casal sinalou que “máis aló dos datos, a calidade das augas que rodean a biofábrica de Pontevedra está avalada pola presenza de importantes bancos de marisqueo
 en Vos Praceres, así como nas localidades próximas de Lourido, Combarro e Raxó. “E todas as confrarías de mariscadores apoiaron a permanencia de Ence Pontevedra e a calidade da auga da Ría”, destacou o Delegado da compañía en Galicia.
Outra mostra da calidade ambiental desta planta constitúeno as cinco praias co distintivo de bandeira azul da UE situadas na área da Ría de Pontevedra
 próxima á biofábrica, así como o feito de que ningunha praia desta Ría estea incluída no Informe 2018 de Bandeiras Negras que realiza Ecoloxistas en Acción.”




Copyright © RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Designed by OddThemes