Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Feijóo di que está en xogo ter un goberno de España útil para Galicia e que cumpra os seus compromisos

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que o próximo 28 de abril está en xogo ter un goberno de España útil para Galicia que cumpra, que respecte aos galegos e que nunca se dea por satisfeito ata cumprir cos seus compromisos. Así, apuntou que, despois dos moitos esforzos dos últimos anos e de que o país saíra adiante, non se lle pode entregar o país a Pedro Sánchez e aos seus socios: “O que falta para fundir España é ter a Pedro Sánchez como presidente e a Pablo Iglesias como vicepresidente”. 
Para Feijóo, nas vindeiras eleccións nacionais, “xogámonos moito”, como darlle a chave da gobernabilidade aos que non lle interesan España: “O que queira que non goberne Pedro Sánchez que vote ao PP”. Incidiu en que hai unha maioría de españois que que prefiren outro goberno e que para logralo teñen que unirse nas urnas para que tamén sexa unha maioría ampla de escanos no Congreso e no Senado: “Porque un voto sen escano é un voto estéril”. Neste senso, engadiu que é preciso un goberno que se deba só aos españois e non aos que queren que a España lle vaia mal. Así, remarcou que Pedro Sánchez prefire a Ciudadanos e a Vox porque sabe que dividen o voto, algo que necesita para que lle saian as contas. 

Durante un mitin en Boiro, Feijóo asegurou que ninguén pode dubidar da importancia que para o PP ten Galicia nin tampouco do seu compromiso con esta Comunidade: un partido que naceu aquí, que ten proxecto para cada provincia, concello e parroquia, que ten aos galegos como os seus únicos socios, que pelexa polo emprego e que quere investimentos e que se melloren as infraestruturas. 
Pola contra, sinalou que, á hora de falar do compromiso do resto de partidos, as dúbidas son todas. Así, apuntou que a Pedro Sánchez non lle importa Galicia, algo que se pon de manifesto na situación que están a vivir os traballadores do sector electrointensivo e do forestal; e nos orzamentos que presentou e dos que presumiu, onde baixaba o investimento un 30%, mentres o subía un 60% noutros lugares. E que, do mesmo xeito, o compromiso con Galicia do BNG queda reflectido na coalición con Batasuna-Bildu e ERC e que as multi-Mareas de Podemos non representan a nosa comunidade. 

Para Feijóo, estes partidos son socios e coautores do desprezo a Galicia desde o Goberno de España, mentres que o PP é coautor cos galegos do progreso e a recuperación de Galicia. 



Ad Code

Responsive Advertisement