La Oposición pide la dimisión urgente de la Presidenta de la Deputación. Otro capítulo más del "¡Corre, Carmela... que chove!", o "el caso de la cuñada"

El "caso de la cuñada" que salpica a la teniente de alcalde de Vigo y Presidenta de la Deputación de Pontevedra sigue dando que hablar. Es evidente que si semejante situación ocurriese en las filas del centro derecha, a estas horas el alboroto sería aún mayor : los propios socialistas y ya no digamos el BNG montarían un pollo de cuidado. Pero ahora el BNG calla, no vaya a ser que su cómoda posición en la Deputación, donde tanto manda, se le estropee cara al presente o al futuro que viene.
Quienes no se callan son los diputados de la Oposición. Hoy han exigido a Carmela Silva que dimita. Esta no va a hacerles ni puñetero caso. Pero la sentencia judicial del caso de la cuñada es más que elocuente y el escándalo político no puede evitarlo la todopoderosa señora mandamás que acompaña a Caballero -otro mudo- a casi todas partes. 

“Xa non só valen as súas explicacións, agora ten que tomar decisións políticas, sobre todo despois de escoitar as súas declaracións de onte lavándose as mans, querendo parecer inocente de todo o acontecido cando de inocente non ten nada. É culpable politicamente”, sinala Elena Muñoz.
“Insulta á intelixencia de todos cando fala de conspiracións do Partido Popular, cando ao parecer aquí os únicos que conspiran son os seus propios compañeiros do PSOE”.
Aclaran que se non hai xuízo por tráfico de influencias é porque xa prescribiu, non porque non existise, e que a sentencia recoñece que a relación de parentesco é fundamental para a contratación desta persoa.

Todos os deputados provinciais do Partido Popular compareceron esta mañá en rolda de prensa para pedir á presidenta da Deputación, Carmela Silva, que dimita con efecto inmediato do seu cargo pola súa responsabilidade política no enchufe da súa cuñada. Para os deputados do PP, ante a gravidade destes feitos, “xa non só valen as explicacións da presidenta da Deputación. Agora ten que asumir a súa responsabilidade, ten que tomar decisións políticas, sobre todo despois de escoitar as súas declaracións de onte lavándose as mans, querendo parecer inocente de todo o acontecido cando de inocente non ten nada. É culpable politicamente”.
“Hai unha sentencia demoledora que constata que no Concello de Vigo houbo prácticas ilegais. Non o di o PP, o di unha sentencia que considera probado que se enchufou ilegalmente á cuñada de Carmela Silva, e que ocorreron cousas tan graves como que se contratara á familiar directa de Carmela Silva, e non a calquera outro vigués nin pontevedrés, para facer un traballo que non facía falta e que, ademais, non fixo pero polo que si se lle pagou puntualmente co diñeiro de todos os vigueses”, denunciou a voceira do grupo popular Elena Muñoz. Recordou, ademais, que como consecuencia deste enchufe “da cuñada dun membro destacado do Goberno municipal de Vigo e presidenta da Deputación, un funcionario público foi condenado a 5 anos e medio de cárcere por delitos moi graves de prevaricación, malversación e falsidade documental”.
Nesta liña, incidiu Elena Muñoz en que “a actuación de Carmela Silva foi bochornosa, é unha vergoña ter unha responsable política que ante un feito tan grave, en lugar de actuar con humildade, de pedir perdón e de dimitir, que é o único digno que lle queda agora, actúa con chulería e quere lavarse as mans”. Para os deputados do PP, “insulta á intelixencia de todos cando fala de conspiracións do Partido Popular, cando ao parecer aquí os únicos que conspiran son os seus propios compañeiros do PSOE”. 
Ademais, a voceira aclarou que unha cousa son as responsabilidades xudiciais, “que por certo se non hai xuízo por tráfico de influencias non é que non existisen, senón porque como di o propio xuíz, é porque xa prescribiu”, e outra as responsabilidades políticas, “que neste caso recaen directamente sobre Carmela Silva e sobre o concelleiro de Emprego do Concello de Vigo e tamén deputado provincial, Santos Héctor”. Ademais, sinalou, a sentencia recoñece que a contratación desta persoa non foi casual e a relación de parentesco é fundamental.
Por iso, entenden que “o Goberno da Deputación está manchado gravemente despois desta sentencia. Cando este goberno tomou posesión, fixeron moita publicidade de portas e fiestras abertas, pero o certo é que quen trouxo a podremia a este Goberno e á Deputación é Carmela Silva”, engadiu.

Os populares tamén reclamaron aos BNG que se pronuncie sobre esta situación. “Onde está o BNG? Alguén escoitou ao BNG pedir dignidade e responsabilidades? Con tal de manterse no goberno da Deputación ampara esta conduta”, lamentou Muñoz.

Diputados pidiendo la dimisión de Silva, esta mañana





Copyright © RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Designed by OddThemes