Tras la tempestad viene la calma... se ha dicho siempre. Veamos si es el caso de esta Galicia revuelta que nos deja el "Helena".
SÁBADO
O sábado Galicia continuará con influencia de ventos de compoñente norte, que deixarán una atmosfera inestable. Así, teremos un día de ceos parcialmente anubrados con chuvascos máis frecuentes e intensos na metade norte, localmente acompañados de sarabia. A cota de neve situarase nos 600 metros, subindo progresivamamente aos 800-900 metros ao longo do día. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.O vento soprará do noroeste, sendo forte no litoral.
DOMINGO
O domingo Galicia quedará transitoriamente en influencia anticiclónica. Así, amenceremos cos ceos parcialmente cubertos e iranse abrindo claros co avance do día. Pola noite volverán a entrar as nubes con chuvias febles na provincia da Coruña. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, con formación de xeadas no interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do sudoeste, aumentando a forte no litoral da provincia da Coruña pola noite.
LUNS
O luns Galicia queda na influencia dos ventos de compoñente sur que aportarán moita humidade. Así, agárdase unha xornada de ceos cubertos en toda a Comunidade con chuvias máis probables nas provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do sur-sudoeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña.
(Elaborado con los pronósticos de los excelentes profesionales de METEOGALICIA)