Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Objetivo : certificaciones de seguridad sanitaria en el sector turístico gallego

A Xunta de Galicia traballará xunto co Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE) na posta en marcha de certificacións de seguridade sanitaria no sector turístico que permitan reforzar a confianza dos traballadores e usuarios ante o novo escenario post Covid-19. Así o avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, tras presidir a primeira xuntanza do grupo de traballo creado a instancias do Goberno galego para elaborar un plan sanitario adaptado ás diferentes actividades desta industria.
No encontro, celebrado por videoconferencia, estiveron presentes a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto con representantes doutros departamentos e organismos da Xunta como o Sergas, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) ou o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). Tamén participaron na xuntanza membros da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp), representantes do sector a través do Clúster Turismo de Galicia, o presidente do Instituto para a Calidade Turística de España (ICTE), Miguel Mirones, xunto con expertos como o catedrático de Medicina Preventiva da Universidade de Santiago (USC), Juan Gestal. 
O titular de Cultura e Turismo incidiu na necesidade de traballar con planificación e anticipación para situar Galicia como un destino fiable e calidade unha vez se levanten as restricións derivadas do estado de alarma. Para lograr este obxectivo, acordouse, por unha banda, consensuar unha serie de protocolos e estándares que acrediten a adopción de medidas de seguridade e hixiene por parte dos distintos establecementos do sector, así como dos destinos da Comunidade. 
En paralelo, decidiuse poñer en marcha certificacións que recoñezan a aqueles locais e destinos que cumpran as medidas recollidas nos citados protocolos, garantindo así a calidade da súa oferta e ofrecendo unha maior seguridade ao usuarios. 

Actuar con garantías e axilidade
Segundo puntualizou Román Rodríguez, é necesario actuar con garantías e axilidade, permitindo a acreditación da seguridade dos establecementos unha vez rematen as restricións derivadas do estado de alarma, co obxectivo de favorecer a recuperación do sector coa maior rapidez. Neste sentido, explicou que Galicia conta na actualidade con preto de 1000 empresas certificadas con selos como a Q de Calidade ou o distintivo Sicted que poderían obter tamén un recoñecemento que acredite a súa seguridade sanitaria incorporando novos criterios de hixiene ás auditorías realizadas.  

O conselleiro de Cultura e Turismo lembrou a necesidade de situar Galicia como un destino seguro para impulsar a reactivación do sector, dotar de maior confianza aos usuarios e achegar certezas ao tecido económico galego. Deste xeito, lembrou que  a nosa Comunidade conta coas condicións idóneas para situarse como un referente neste eido, ao contar cunha oferta turística ligada a valores como a natureza, a paisaxe, a enogastronomía ou ao Camiño de Santiago. 



Ad Code

Responsive Advertisement