Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Comienza el estudio del impacto de la crisis del coronavirus en la "raia" del Miño

O encontro forma parte do estudo encargado polo agrupamento europeo e a Deputación de Pontevedra para esclarecer a situación nun territorio “dobremente afectado pola pandemia”
O AECT RIO MINHO REÚNESE TELEMATICAMENTE COAS ALCALDÍAS GALEGO PORTUGUESAS PARA ANALIZAR CONXUNTAMENTE OS EFECTOS DA CRISE DO COVID-19 SOBRE O TERRITORIO TRANSFRONTEIRIZO
O AECT Rio Minho manterá unha reunión telemática este martes 28 de abril coas alcaldías galegas e portuguesas do territorio transfronteirizo para analizar conxuntamente o impacto socioeconómico do peche de fronteiras provocado pola pandemia do Covid-19, segundo informou o director do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez.
No encontro virtual participará tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o vicedirector do AECT Rio Minho, o portugués Fernando Nogueira, e o equipo asesor encargado de elaborar o traballo de investigación sobre o efecto da crise desencadeada polo coronavirus na fronteira galego portuguesa, “un territorio fortemente interrelacionado con limitacións máis estrictas que as do resto dos territorios estatais e, polo tanto, cunhas consecuencias sociais e económicas máis profundas ás que debemos atender ”, lembrou Uxío Benítez.
O estudo, encargado polo AECT Rio Minho e a Deputación de Pontevedra, estase a desenvolver a través de entrevistas telefónicas ou por videoconferencia, con representantes políticos e sociais de todos os concellos do Miño de ambas beiras e a través dun seguimento dos medios de comunicación e das redes sociais.
O traballo facilitará “un primeiro diagnóstico a partir de datos reais e cotexados da actual situación á que se enfronta o territorio e permitirá tomar decisións de modo inmediato con independencia da necesidade de maiores e máis amplios estudos posteriores”, aclarou Benítez.




Ad Code

Responsive Advertisement