Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Los afectados de los ERTE pueden ya solicitar un anticipo a la Xunta

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indica que a Administración autonómica “tomou a iniciativa” para que as familias poidan dispoñer de liquidez mentres non reciben as prestacións do Estado
OS TRABALLADORES AFECTADOS POR ERTES QUE ESTÁN PENDENTES DO GOBERNO PARA COBRAR AS SÚAS PRESTACIÓNS PODEN SOLICITAR XA UN ANTICIPO Á XUNTA DE GALICIA
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os apoios, que permitirán recibir de forma inmediata 1500 euros, cun tope mensual de 750 euros, mediante un convenio acordado coas entidades financeiras

Os adiantos están libres de xuros e comisións

Os traballadores afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes) que aínda non cobraran as prestacións por desemprego do Goberno central poden solicitar xa á Xunta os anticipo das mesmas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe estes apoios, que permitirán recibir de forma inmediata 1500 euros, cun tope mensual de 750 euros, mediante un convenio acordado coas entidades financeiras. Xa se sumaron a esta iniciativa Abanca, Caixa Rural, Banco Sabadell e CaixaBank.

Tal e como apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, “é o momento de estar coas familias e de estar coa xente que está atravesando por moitísimas dificultades” e, por iso, “a Xunta tomou a iniciativa de establecer este anticipo para que as familias poidan facer fronte ás súas necesidades, facturas, e pagos, e para que dispoñan desa liquidez” mentres non reciban as prestacións do Estado.
Así, poderán ser beneficiarios desta nova liña as persoas que presten os seus servizos laborais en Galicia, que están incluídas en Erte aprobados como consecuencia da crise sanitaria provocada polo Covid-19 e que aínda non recibiron as prestacións que lles corresponden por parte do Goberno central. Os adiantos estarán libres de xuros e comisións.

As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do Erte ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o Erte afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente. Deste xeito, poderán facilitarse dous períodos de prestacións por persoa traballadora, ata o tope de 1500 euros. O procedemento pode consultarse no espazo web no que a Consellería de Economía, Emprego e Industria informa sobre os diferentes apoios económicos en relación coa actual situación de emerxencia sanitaria.

Videoconferencia con empresarios de San Cibrao das Viñas
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas e da Asociación de Empresarios do Polígono de Barreiros. A xuntanza telemática serviu para avanzar con estas entidades medidas que contribúan á reactivación económica, que, tal e como subliñou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, pasa por garantir tanto a seguridade dos traballadores como a liquidez das familias e dos autónomos e pemes.




Ad Code

Responsive Advertisement