Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Aprovecha que queda poco... MeteoGalicia nos advierte de un fin de semana de sol hasta el domingo en que vuelve la gaita de la lluvia

VENRES
O venres Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón que permanece sobre Europa e un centro de baixas presións que se moverá polo litoral portugués. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con nubes altas e algún intervalo de nubes medias na franxa atlántica. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios. O vento soprará frouxo de compoñente sur en xeral, algo máis intenso na Costa da Morte.
SÁBADO
O sábado Galicia continuará con influencia anticiclónica. Polo tanto, agárdanse ceos despexados durante o día con entrada de nubes de tipo alto cara á noite. As temperaturas continuarán sen cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
DOMINGO
O domingo unha fronte fría chegará a Galicia, deixando un día de chuvias e descenso da temperatura. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias que comezarán a primeiras horas polo oeste da provincia da Coruña e co avance da xornada irán chegando a toda a Comunidade. Á noite a cota de neve situarase arredor dos 1000 metros de altura. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas sufrirán un notable descenso. O vento soprará frouxo de compoñente sur pola mañá, virando a compoñente oeste á tarde.

Ad Code

Responsive Advertisement