Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Fin de semana pasado por agua y... nieve, advierte MeteoGalicia

VIERNES
O venres Galicia quedará na influencia dunha borrasca centrada en Irlanda, con réxime de ventos de compoñente oeste que aportarán moita humidade. Así, agárdase un día de ceos cubertos con chuvias que de xeito intermitente estaranse rexistrando durante toda a xornada, máis persistentes na franxa atlántica. A cota de neve comezará nos 1000 metros e irá progresivamente ascendendo ata quedar na noite nos 1400 metros. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará de compoñente oeste, máis intenso ao mediodía no litoral norte.

SÁBADO
O sábado un centro de baixas presións situado sobre Galicia deixará os ceos cubertos e con chuvias persistentes durante o día. Á noite as chuvias serán de carácter intermitente con cota de neve nos 1200-1300 metros. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. O vento soprará de compoñente sur, virando a norte ao final do día, con refachos fortes na franxa atlántica.

DOMINGO
O domingo Galicia queda nunha zona intermedia entre o anticiclón situado en Azores e as baixas presións do Mediterráneo, con réxime de ventos de compoñente norte. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes e intensos no terzo norte e máis ocasionais e illados no sur. A cota de neve situarase nos 900-1000 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente norte, con refachos fortes no litoral.


Domingo con nieve a partir de los 900 metros

Ad Code

Responsive Advertisement