Informou a "Fundación Pública Artesanía de Galicia" referido às xornadas “Oficio, arquitectura e territorio” que será o arquitecto e investigador Fernando Cerqueira Barros (Arcos de Valdevez, Portugal)  o encargado de abrir as xornadas “Oficio, arquitectura e territorio” o sábado 26 de setembro a partir das 11:30h, en San Cristovo de Mouricios (Chantada).


Fernando Cerqueira Barros investiga actualmente o patrimonio arquitectónico transfronteirizo da rexión do Gerês-Xurés no marco dos seus estudos de doutoramento. É investigador no Centro de Estudos Nuno Portas (CEAU) e membro da Cátedra UNESCO “Patrimonio, Cidades e Paisaxes”, da Comisión de Xestión Conxunta do Parque Nacional da Peneda-Gerês, da Rede Horrea e da xunta directiva de INTBAU Portugal.

O seu traballo céntrase na rehabilitación do patrimonio construído, abarcando tanto estruturas tradicionais coma monumentais. Entre os seus proxectos destaca a rehabilitación do Mosteiro de São João de Cabanas, galardoada co Premio Nacional de Arquitectura Espaço 2025, así como cunha Mención de Honra nos Premios Nacionais de Rehabilitación Urbana de 2026 e no Premio Europeo Philippe Rotthier de 2024. O seu labor sobre o patrimonio etnolóxico do noroeste da Península Ibérica foi recoñecido cunha Mención de Honra no I Premio Ibérico de Investigación en Arquitectura Tradicional (2012) e co Premio Cantapaxarín (2025).

As xornadas “Oficio, arquitectura e territorio” están comisariadas por Alejandro García Hermida da Fundación Culturas Constructivas Tradicionales, organizadas pola Fundación Pública Artesanía de Galicia en colaboración coa Galería Vilaseco Laboratorio Creativo e a Fundación Culturas Constructivas Tradicionales.
Podedes consultar o programa completo e facer a inscrición aquí:

Cerqueira Barros