DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Por Xerardo Rodríguez
Beben a súa inspiración nas fontes da nosa paisaxe verde i escriben co doce acento da nosa lingua propia, o galego, que xa ten mil vintecatro primaveras de historia. Cantan o que lles di o corazón e contan como naceu a estirpe do noso sangue. Ven mapoulas de auga na choiva e picos de estrelas pola noite. A voz dos poetas escóitase coa música do mar bravo e do vento da montaña. Maio fai que todo floreza nesta Terra… e por eso nós, que levamos o idioma no sangue, homenaxeamos hoxe as nosas letras.
A Real Academia Galega é a encargada, cada ano, de elixir a figura literaria á que debemos render tributo, tanto pola súa obra como pola importancia da súa persoa na nosa diferenciación como pobo. E faino dende hai 61 anos, e dicir, máis de medio século.
Rosalía, Pondal e Castelao foron os tres distinguidos nos primeiros anos, en 1963, 1964 e 1965.
Na ampla lista de homenaxeados tamén figuran Curros Enriquez, Noriega Varela, Ramón Cabanillas e mesmo o propio rei Afonso X o Sabio.
Predominan os da “Xeneración Nós”, como Otero Pedrayo ou Vicente Risco, pero tamén os xeniais fabuladores da nosa Literatura, Blancoamor e Cunqueiro; ou poetas como Celso Emilio Ferreiro ou Avilés de Taramancos.
Neste novo milenio premiasen tamén a novos nomes da nosa creación literaia, que houbo dabondo escritores i escritoras que morreron antes de tempo.
Este ano, a Academia decidiu distinguir a coruñesa Luisa Villalta Gómez (1957-2004). Escritora, filóloga e violinista, era una das mais destacadas autoras de poesía, teatro, ficción, ensaio i artículos de opinión. Na concesión do galardón, a RAG destacóu:
“Foi a creadora dunha obra única e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega xurdida na segunda metade dos 80 e principios dos 90”.
A importante nómina de persoeiros insignes distinguidos nas Letras Galegas dános unha idea aproximada da riqueza creativa do país. E dicimos aproximada porque só poden ser premiados os que xa faleceron.
Pero, ao contrario do que se podería pensar polo título da homenaxe, non se centra só nun día, posto que remata o 17 de maio; nin sequera nun mes: é un ano enteiro dedicado a dar a coñecer a obra e a vida do insigne autor, neste caso, Luisa Villalta.
A ESTACIÓN
Onda nós nunca pasan os trens.
só chegan ou parten.
Por iso tamén somos nós
a nosa última estación
o noso amor definitivo.
Así podemos marchar
no único sentido posibel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extrañas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.
Onde nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.
Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido en nós.