Ad Code

Ad Code

VIGO) A motoserra de don Abel novamente en acción...


Texto : RBTRIBUNA. Foto : D. R.
......................................................

Indignados andan non poucos cidadáns vigueses, entre eles o  portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, denunciando "novas tallas inxustificadas de árbores urbanas en diferentes zonas de Vigo, como na rúa Manuel Olivié ou na contorna de Fátima".

Igrexas esixiu novamente explicacións por este "arboricidio permanente" na cidade de Vigo e reiterou a demanda da posta en marcha dun Plan de Protección do Arboredo Urbano e a actualización da Ordenanza Municipal de Medio Ambiente do ano 1994.

"Abel Caballero ten que gardar dunha vez a motoserra e protexer as árbores ás que temos dereito as viguesas e vigueses", reclamou.