Ad Code

Ad Code

Un paso adiante : Turismo de Galicia na ITB de Berlín


Texto : RBTRIBUNA. Foto : D. R.
......................................................

A XUNTA LEVA ESTA SEMANA A PROMOCIÓN INTERNACIONAL DO DESTINO GALICIA Á ITB DE BERLÍN

Turismo de Galicia participa ata o xoves nunha das feiras con máis repercusión no mercado turístico mundial dentro da súa estratexia de internacionalización

Alemaña é o terceiro país do que proveñen máis viaxeiros estranxeiros, por detrás de Portugal e Estados Unidos, e o ano pasado a demanda turística medrou máis dun 8%

Turismo de Galicia participa desde hoxe e ata o xoves na ITB de Berlín, unha das feiras profesionais con máis repercusión no mercado turístico mundial na que o Goberno autonómico está a levar o seu plan de promoción internacional de destino.

Galicia participa cun espazo propio dentro do expositor de Turespaña, coordinado pola Oficina Española de Turismo en Berlín, con mostradores de información e unha área específica de encontros de traballo. No espazo galego está tamén representado o Clúster Turismo de Galicia, que asiste á feira en misión comercial con diferentes empresarios e profesionais do sector turístico galego.

O Goberno autonómico continúa así afondando na súa estratexia de internacionalización do destino, despois de que o ano pasado o mercado internacional acadase os mellores datos da súa historia e o turismo estranxeiro chegase a representar o 30% do turismo que recibiu a Comunidade galega. No caso concreto do mercado alemán, é o terceiro internacional en Galicia, por detrás de Portugal e EEUU, e tamén é o terceiro país do que proceden máis peregrinos que recollen a Compostela.

O ano pasado aloxáronse nos establecementos turísticos galegos máis de 170.000 viaxairos alemáns que fixeron preto de 300.000 noites, superando un 8,2% o volume de noites do ano anterior, así como os niveis previos á pandemia, nun 9,7% neste caso. O ano pasado rexistráronse incrementos de maior intensidade na temporada baixa fronte á media e alta no mercado alemán que tamén incrementou a súa estadía un 3%.

A participación de Turismo de Galicia na ITB de Berlín enmárcase na actividade que anualmente leva a cabo para promover o destino en distintas feiras, que este ano ascenden ao redor de 30 de ámbito nacional e internacional.