"Parque das Illas Atlánticas" aposta pola adhesión á Carta Europea de Turismo Sostible

Texto : RBTRIBUNA. Foto : D. R.
......................................................

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións participou na entrega de certificacións da Carta Europea de Turismo Sostible

 

A XUNTA DESTACA A CONTRIBUCIÓN DAS EMPRESAS DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS A QUE EN 2023 ACADASE UN RÉCORD DE CASE 515.000 VISITANTES

  • Ángeles Vázquez salienta que as sinerxías existentes entre o parque e as entidades que operan nel fan que este espazo se consolide como un destino de referencia para os visitantes que buscan o contacto coa natureza

  • Un total de 26 firmas que operan no seu ámbito renovan ou reciben por primeira vez a adhesión á Carta Europea de Turismo Sostible, coa que se comprometen cun turismo de calidade e responsable tanto no presente como no futuro

  • A vicepresidenta segunda en funcións destaca que o parque nacional ofrece ás persoas que se achegan a el unha experiencia única nun espazo privilexiado do mundo, sinónimo de respecto á contorna e de protección do medio ambiente