Ad Code

Ad Code

Conselleira de la Xunta dice al Ministro Puente que ya basta de tomaduras de pelo...


Texto : RBTRIBUNA. Foto : D. R.
......................................................

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, traslada por carta a Óscar Puente a preocupación e o malestar do Goberno galego ante o último incumprimento dos prazos avanzados para a chegada do AVE ás cidades da Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo

A XUNTA EXIXE AO MINISTERIO DE TRANSPORTES A CREACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO CON TALGO PARA FACER SEGUIMENTO DOS TRENS AVRIL E ABORDAR AS COMPENSACIÓNS AOS GALEGOS

― O Goberno galego considera necesario que se expliquen oficialmente os motivos polos que o 1 de marzo non se puxeron á venda os billetes dos trens AVE-Avril, como anunciara o propio ministro, e que se ofreza un calendario real sobre as probas e a formación dos maquinistas

― A conselleira lembra que o Executivo central ofreceu diferentes datas para a chegada dos trens AVE-Avril de ancho variable ás cidades, desde 2021 ata agora, e todas foron sistematicamente incumpridas

― Apunta que a Xunta acolleu con escepticismo o anuncio feito polo ministro de Transportes na precampaña das eleccións autonómicas galegas, o 5 de xaneiro, cando avanzou que os trens Avril entrarían en servizo no primeiro trimestre de 2024

― Demanda que se concreten medidas de compensación aos galegos “por este novo retraso e este novo agravio”

― Salienta que a Xunta continúa sen saber o número de unidades deste material rodante Avril que se prevé asignar á liña Madrid-Galicia