As visitas guiadas volverán á Illa de Tambo en Semana Santa


Texto : RBTRIBUNA. Foto : D. R.
......................................................

Con viaxes diarias entre o sábado 23 e o domingo 31
As visitas guiadas volverán á Illa de Tambo en Semana Santa

Poderanse realizar visitas diarias á illa desde o sábado 23 ata o domingo 31, con saídas desde o Porto de Combarro en grupos de ata 50 persoas nun máximo de catro viaxes. Cada viaxeiro precisa autorización do Concello de Poio e billete dunha navieira. Toda a información en concellopoio.gal

Rocío Cochón destaca a aposta do Concello por garantir que Tambo “siga sendo unha referencia cultural, natural e de turismo sustentable”, compaxinando a máxima protección da Illa con facer posible que a xente descubra os tesouros que ofrece