Arrancou a nova temporada dos trens turísticos de Galicia y sigue sin reponerse el cercanías Vigo-Valença

Este "camellito" sirve para transportar a los turistas en los "trenes turísticos de Galicia" que ayer comenzaron su nueva temporada. Años atrás, también era así. Solo que estos "camellitos" se aprovechaban durante la semana para otros fines loables, como prestar una especie de servicio de cercanías entre Vigo-Redondela-Porriño-Tui-Valença do Minho, dos veces al día ida y otras dos la vuelta... Cuando vino la pandemia, Renfe se cargó el servicio Vigo-Tui-Valença entre semana y... solamente dedica los "camellitos" al negocio seguro de los trenes turísticos en fines de semana, donde la rentabilidad está asegurada, con la Xunta apoyando detrás el invento... Y al servicio público entre semana antes citado... pues que le den. No se hace y en paz. ¡Y es una empresa pública Renfe...!

Texto : RBTRIBUNA. Foto : D. R.
......................................................

ARRANCOU A NOVA TEMPORADA DOS TRENS TURÍSTICOS DE GALICIA COA PRIMEIRA SAÍDA DA RUTA DA CAMELIA

Onte comezou o primeiro dos 14 itinerarios que circularán este ano por Galicia nesta iniciativa na que un ano máis colaboran a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde

Visitaron tres xardíns con certificación de Excelencia internacional: Pazo Quinteiro da Cruz, Castelo de Soutomaior e Pazo de Rubiáns

A próxima saída da Ruta da Camelia será o 23 de marzo, para a que xa están esgotados os billetes, e a partir de xuño comezarán a funcionar o resto de itinerarios


A nova temporada dos trens turísticos de Galicia arranca este sábado coa primeira saída do itinerario do Tren da Camelia en Flor, unha das 14 rutas que estarán dispoñibles durante este ano dentro da iniciativa posta en marcha entre a Xunta de Galicia, Renfe e o Inorde que permite coñecer a Comunidade galega e moitos dos seus recursos máis destacados a bordo do tren.

O Tren da Camelia en Flor saiu onte 9 de marzo e terá a próxima saída o día 23 de marzo, para a que os billetes xa están esgotados. Coincidindo co período de floración da camelia, na ruta visitaranse tres xardíns que contan coa certificación de Excelencia Internacional. En primeiro lugar, o Pazo Quinteiro da Cruz, en Ribadumia, no que florecen máis de 5.000 exemplares de camelias de máis de 1.500 variedades a partir da que elaboran o seu propio té, que os viaxeiros poderán degustar.

Tamén se visita o Castelo de Soutomaior, coñecendo o seu xardín de camelias con nomes de muller: Rosalía de Castro, María Casares ou a Bella Otero. Finalmente, o percorrido inclúe o Pazo de Rubians, que conta con máis de 800 variedades de camelias e unha finca de albariño, viño que se degustará ao rematar a visita.

O Tren da Camelia en Flor é unha das 14 rutas que estarán en marcha este ano dentro da experiencia dos Trens Turísticos de Galicia que, neste caso comezarán a circular a partir de xuño, e inclúen itinerarios como a Ruta dos Faros; o Museo MEGA, a Ruta da Lamprea, a Ruta dos Mosteiros, a dos Queixos de Galicia, a das Mariñas ou as dos viños das cinco denominacións de orixe.

Como cada ano, cada unha das rutas poderase realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, o programa ofrece un servizo de guías oficiais de Galicia durante o percorrido, traslados complementarios en autocar e entradas aos puntos de interese. Os billetes estarán dispoñibles proximamente para a súa compra a través das plataformas habituais, en calquera estación de Renfe, na súa web e en venta telefónica. 

Toda a información de prezos, calendario e venta consultarase tamén na HYPERLINK "https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/trens-turisticos-de-galicia/ruta-da-camelia-en-flor?langId=es_ES" páxina web de Turismo de Galicia.