Ad Code

Ad Code

El PP toma el mando en el Concello de Poio levantando -¡y de qué forma!- las alfombras...


rbtribuna
---

“Cando os Tres Alcaldes marcharon do Concello deixaron as arcas baleiras e aos veciños máis endebedados e con máis problemas que nunca”, lamenta Rocío Cochón.


O Tripartito deixou máis de 600 expedientes urbanísticos sen resolver

  • A nova titular de Urbanismo denuncia “a herdanza nefasta do anterior Goberno”, que ademais da débeda máis alta da provincia e máis dun millón de euros en facturas nos caixóns, “agora atopámonos” con centos de expedientes abertos: “Calquera expectativa sobre a situación que deixa o Tripartito, enterámonos de algo que a empeora”.
  • Cochón agradece o esforzo e a dedicación dos funcionarios do departamento, que sempre desempeñaron a súa labor pese á falta de medios e de dirección política e que se puxeron a traballar desde o primeiro día co novo Goberno para solucionar a situación e darlle aos veciños “a xestión que merecen”.
  • Desde a concellería piden comprensión aos veciños afectados “pola irresponsabilidade do Goberno anterior” e xa traballan nun plan de choque para priorizar os asuntos que esixen unha actuación máis inmediata e facer fronte ao atasco existente “despois de anos mala xestión política, especialmente na última etapa do socialista Gregorio Agís”.

A concelleira delegada de Urbanismo do Concello de Poio, Rocío Cochón, desvela que o Goberno municipal saínte, o Tripartito formado por BNG, PSOE e Avante Poio, deixou “máis de 600 expedientes urbanísticos sen resolver” nos arquivos do departamento.

“Chegamos e o primeiro día atopámonos cunha situación de auténtico colapso, con centos de procesos pendentes que evidentemente non estaban atendidos polo Goberno anterior prexudicando a veciños, empresas e a todo o tecido económico e social de Poio”, explica Cochón. 

A nova titular do departamento denuncia a “herdanza nefasta” do Tripartito, “que xa sabiamos que nos deixaba a débeda máis alta da provincia, con máis de 8 millóns de euros de débeda, con moitas partidas orzamentarias esgotadas e máis dun millón de euros en facturas nos caixóns, e agora descubrimos que esa herdanza inclúe máis de 600 expedientes urbanísicos abertos”.

A concelleira popular pide “comprensión” aos veciños, empresarios e a todos os afectados “pola irresponsabilidade do Goberno anterior”, xa que a primeira consecuencia é que boa parte dos recursos e o tempo do departamento terán que dedicarse a paliar o atasco deixado polo Tripartito “sen descoidar todos os asuntos novos que aparecen cada día”, e máxime coa situación de endebedamento herdada polo novo Goberno local. Cochón anuncia que desde o departamento xa están traballando nun plan de choque, priorizando os asuntos que esixen unha actuación máis inmediata e estudiando ferramentas coas que facer fronte ao atasco existente “despois de anos mala xestión política, especialmente na última etapa do socialista Gregorio Agís”.

“Durante varios anos, desde a oposición xa avisamos a Gregorio Agís de que a súa pésima xestión e a súa incapacidade para resolver os problemas urbanísicos estaba prexudicando a familias, autónomos, empresas, traballadores...”, indica Cochón, “pero non podíamos imaxinar ata que punto. O concelleiro máis caro, con dedicacións exclusiva primeiro no Concello e logo dedicación na Deputación, con máis asesores externos e privatizacións que nunca, deixou a peor herdanza”. 

Cochón fai fincapé en que “a situación é responsabilidad exclusiva da falta de xestión política do anterior equipo de Goberno”, e agradece “o esforzo e a dedicación” dos funcionarios do departamento, “que sempre desempeñaron a súa labor pese á falta de medios e de dirección política” do Tripartito e subliña que os traballadores municipais se puxeron a traballar desde o primeiro día co novo Goberno para comezar a solucionar a situación e recuperar para os veciños “a xestión que merece Poio”.

“Cando os Tres Alcaldes marcharon do Concello deixaron as arcas baleiras e aos veciños máis endebedados e con máis problemas que nunca”, lamenta Cochón. “Pero o novo Goberno ten ilusión e un equipo comprometido e capaz para servir á xente, e levámolo facendo, xunto á excepcional plantilla de traballadores municipais, desde o primeiro día”.

“Despois de 28 anos, as portas deste departamento están abertas e hai un alcalde á fronte dun equipo de Goberno para servir aos veciños e a Poio”, conclúe.