Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vecino de Arbo gana el premio a la mejor foto del año en el Concurso del Condado-Paradanta

Rodrigo Novoa, veciño da parroquia de Barcela- Arbo, recibía na I Gala I GALA DE CALIDADE TURÍSTICA NO DESTINO SICTED CONDADO PARADANTA, o primeiro e segundo premio na categoría foto diurna e o premio a “Mellor foto do ano 2020” do II CONCURSO FOTOGRÁFICO do Condado Paradanta, con fotografías da Vila de Arbo.

Rodrigo Novoa, veciño de Arbo, é un aficionado a fotográfia e colaborador do Concello de Arbo, realizando fotos polo municipio arbense para dar a coñecer as belezas que esta vila fronteiriza con Portugal ofrece ao visitantes.

As súas tres fotografías premiadas foron tomadas dende o Mirador de San Fins en Arbo, un lugar ideal dende donde se pode ver todo o municipio e parte da comarca.

"Sempre me gustou as fotografía, presenteime o concurso animado por uns amigos e tamén para mostrar con orgullo o meu pobo – afirma o gañador – Rodri Novoa – Gañar foi algo que non me esperaba e agradezo a todos e todas as que me votaron e conseguiron que acadase estos tres premios".

Rodrigo recibia o premio a mellor fotografía 2020, de mans de Alfonso Rueda, Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta, acompañado do alcalde de Arbo, Horacio Gil.

"E un orgullo como alcalde, que tres fotos de Arbo, foron as gañadoras e que o premio recaise sobre Rodri, un veciño arbense, que ademáis é colaborador do Concello de Arbo – manifesta o alcalde Horacio Gil. Para o Concello e os arbenses é unha ledicia ver como a xuventude mostra interese por ensinar o lugar tan fermoso no que temos o pracer de virvir"... remata o rexedor Horacio Gil

Rodrigo Novoa, tamén colaborou este ano con fotografías e un artigo no libro que cada ano edita o Concello de Arbo, co gallo da Festa da Lamprea.

Na foto o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o gañador do concurso Rodrigo Novoa 
Foto: Anxo Gutiérrez


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement