Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Tras su paso por Compostela, ‘Galiza, de Nós a nós’ llega ahora al Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra acollerá dende o vindeiro xoves 20 unha das mostras máis importantes que recibirá este ano: ‘Galiza, de Nós a nós’. Trátase dunha exposición que aspira a ser a recompilación máis completa e ambiciosa realizada ata o de agora sobre a ‘Xeración Nós’ e recolle obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal que amosan as conexión internacionais da revista, embaixadora da cultura galega con máis resonancia a nivel mundial na historia.

A pesares de abrir ao público o día 20 a inauguración oficial adíase ao venres 21 ás  sete da tarde. A mostra estará aberta ata o 11 de xullo.


Comisariada por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e Ana Acuña Traballo, a exposición reúne máis de 300 pezas de 64 institucións e prestadores privados. Naceu co alicerce de servir como elemento que aglutine e reforce unha personalidade galega actual propia, ilustrada, universalista e aberta ás correntes de pensamento mundiais, como foi a emanada daquela iniciativa editorial nos anos vinte e trinta e daquel grupo humano que marcaron o devir de Galicia.


Nas tres salas do Museo nas que se distribúe, a mostra trasladará ás persoas visitantes desde o tempo dos considerados pais do galeguismo contemporáneo ata a actualidade, poñendo o foco na vixencia dos principios defendidos pola Xeración Nós, como a dimensión universal da cultura galega, a necesidade de ter unha voz propia no mundo e o carácter aberto e integrador de Galicia.


Abórdanse as ramificacións e a polisemia de ‘Nós’ (grupo, xeración, revista, álbum…), xa que os amplos grupos interxeracionais que se moven arredor da revista son chaves no desenvolvemento das iniciativas anteriores, coetáneas e posteriores. Con todo, os nomes de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Arturo Noguerol, Losada Diéguez e Cabanillas serán guieiros da exposición dende o inicio ao fin da mostra, xa que a Galiza de hoxe sería imposible de imaxinar sen a súa contribución.


Entre os puntos de interese recóllense o mapa que inspirou a Otero Pedrayo; o legado de Pondal nunha maleta; o Santiago Peregrino que Castelao trouxo da Bretaña; a primeira tese de doutoramento sobre lingua galega; a folga de fmae que conmoveu ao país; referencias de cando a BBC emitiu un programa en galego; ou as 134 portadas de Nós reunidas por vez primeira.


Ademais, reúne por primeira vez primeira documentación dispersa por distintos arquivos que ilustra o desenvolvemento da revista: estutos e títulos de socios da Sociedade Nós, recibos, suscricións, axenda, libro de contas, facturas ou correspondencia entre protagonistas, que permiten rastrexar o devir da publicación.


Galicia, de Nós a nós reunió hasta finales del pasado enero, en la Cidade da Cultura de Galicia, en Compostela, estas más de 300 piezas en la muestra más completa y ambiciosa sobre la Xeración Nós y una de las citas culturales imprescindibles del pasado otoño de 2020, en el que se conmemoraba el centenario de la publicación de la revista Nós. El Museo Centro Gaiás exhibió obras procedentes de Francia, Alemania y Portugal que ponen el foco en las conexiones internacionales de la revista y de sus impulsores, abriendo una vía para subrayar la dimensión de universalidad y apertura de la cultura gallega. También para destacar el legado del grupo de intelectuales galleguistas que contribuyeron decididamente, en las primeras décadas del siglo XX, al desarrollo, renovación e internacionalización de la lengua y de la cultura gallega.

Oportunidad ahora, en Pontevedra, para ver lo que antes se mostró en Compostela.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement