PP) O PP denuncia o abandono da variante espiritual do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso pola Armada

Lamentan o estado do tramo da “Ruta do Padre Sarmiento” entre o camiño dos Cachafeiros e o camiño da Armada, nun momento clave para a promoción turística: “De pouco serve gastar diñeiro na sinalización se logo non se fai o mantemento dos camiños”.

Ángel Moldes pide unha actuación urxente no camiño da Armada, que este ano e o próximo será usado por miles de peregrinos, ademais dos propios veciños: “Algo está a facer mal o Tripartito cando se gastan miles e miles de euros en desbroces e teñen tantos camiños de Poio neste estado”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.