Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Poio) A Oposición denuncia o perigo de caída de coches no Camiño do Souto, en Combarro

O PP denuncia o perigo de caída de coches no Camiño do Souto, en Combarro (Poio).

• Ángel Moldes traslada a preocupación da veciñanza da zona polo mal estado do vial que obrigou aos propios veciños a sinalizar o perigo con barreiras de paus, de forma artesanal.

• Os populares alertan que, pola falta de medidas entre a auga e o peso dos coches, “o camiño se está a desfacer”, e piden sinalización e unha actuación urxente para reparar e acondicionar o vial “antes de que se desfaga o camiño, caia un coche, ou haxa un accidente máis grave”.

• Moldes resaltou que hai máis de dous anos que veciños xa trasladaron esta demanda ao Goberno local: “agora mentirán dicindo que ‘xa tiñan pensado facelo’” como fan con mocións, demandas veciñais, denuncias repetidas en plenos e comisións... pero o Tripartito xa non ten credibilidade".
• “Non sabemos como se apañan para ter tantas cousas pensadas e nunca ter nada feito, ou incluso votar en contra de obras e despois presumir delas”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement