Poio) O PP advirte que "non será cómplice do PXOM máis oscuro de toda Galicia”

· Valoran a “mesa do PXOM” convocada para este martes en Poio como “un paripé” para intentar “branquear” un PXOM "redactado desde hai anos e metido nun caixón que máis que un Plan Xeral é un conxunto de pelotazos urbanísticos que lle soluciona a vida aos amigos do Tripartito pero non resolve os problemas dos veciños de Poio”

· Rocío Cochón anuncia que o PP participará nesa mesa “por responsabilidade” pero "conscientes de que a intención de BNG, PSOE e Avante Poio é gañar tempo, seguir mantendo aos veciños a escuras, enredar e blanquear as cacicadas do equipo de Goberno"

· Ángel Moldes subliña que mentres o PP quere “un Plan Xeral transparente, participativo e para todos os veciños”, "o Tripartito fixo un PXOM pensado para e por os seus amigos”.

· Destacan que o Tripartito lles "obriga a firmar un acordo de confidencialidade sobre a mesa pese a que o entorno do Goberno local manexa información privilexiada desde hai anos", e instan a BNG, PSOE e Silvia Díaz a "que informen aos veciños do que está feito e pidan a súa opinión, aínda que o dubidou “teñen medo de que os veciños vexan ese PXOM oculto”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.