Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Sergas informa da licitación do centro saúde do Porriño e do futuro centro de saúde de Moaña

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, respostou hoxe a unha pregunta, na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia, relativa ao cumprimento dos convenios en materia de infraestruturas sanitarias na área de Vigo, concretamente nos referidos aos concellos do Porriño e Moaña.

Tal e como anunciara o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na presentación dos orzamentos do seu departamento, na partida prevista neste ano para a construción de centros incluíanse 760.000 euros destinados á ampliación do centro de saúde do Porriño, e 400.000 para o proxecto e inicio das obras de execución dun novo centro en Moaña.
 
Licitación do centro saúde do Porriño
Respecto do centro de saúde do Porriño, José Flores anunciou hoxe que, nos próximos días, o Sergas publicará a licitación do contrato de obra. Unha vez adxudicado, terá un prazo de execución de 18 meses, co que, neste ano, iniciaranse as obras que permitirán cumprir o compromiso de que, nesta lexislatura, os profesionais que prestan servizo no centro de saúde do Porriño e os seus usuarios teñan á súa disposición o novo centro, no que a Xunta investirá 4,6 millóns de euros.
 
José Flores sinalou que, unha vez que estea reformado e ampliado, o centro de saúde do Porriño contará con 8 consultas de medicina de familia, 8 de enfermería, 1 polivalente, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 1 de farmacia, 1 área de fisioterapia, 1 área de odontoloxía, 3 consultas de pediatría e 2 de enfermería pediátrica. Tamén terá 1 consulta de matrona, ademais de sala de educación sanitaria, entre outros espazos. A área de PAC disporá de 2 salas de reanimación-observación, 3 consultas médicas e 2 de enfermería. O proxecto contempla a reforma de 1.597 m2 e a ampliación en 1.105, co que o novo centro terá unha superficie de 2.702 m2.
 
Centro de saúde de Moaña
No que atinxe ao centro de saúde de Moaña, o xerente do Sergas informou que a empresa contratista está xa a elaborar o proxecto básico do futuro centro de saúde e, “estamos en condicións de solicitarlles tamén o proxecto de execución en canto o concello remate as xestións para inscribir a parcela e poñela a disposición da Xunta”. Se o concello cumpre coa súa parte, “o Sergas está en disposición de poder licitar tamén a obra deste centro de saúde á volta do verán”, cumprindo así o seu compromiso.
 
O centro contará, na área de adultos, con 8 consultas de atención primaria, 6 de enfermería, 6 consultas polivalentes, 1 sala de cirurxía menor, 1 sala de telemedicina, 1 sala de ecografías, e 1 sala de toma de mostras. Na área de atención pediátrica, terá 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería de pediatría, 2 consultas polivalentes e 1 sala de lactancia. Tamén disporá de 1 consulta de matrona e 1 sala de educación sanitaria, 1 consulta de odontólogo e 1 para o hixienista, área de fisioterapia, área de traballo social, 1 sala para asociacións de pacientes, etc.

 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement