EN RESUMEN_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

PORTADA_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

"rbtribuna") Por el final de las absurdas fronteras (políticas, sociales, burocráticas, económicas...) que aún subsisten entre España (singularmente Galicia) y Portugal...y que tanto perjudican a la ciudadanía ibérica

Adiado o principal espectáculo programado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar as Letras Galegas en Vigo, ‘X Xela’

O principal espectáculo programado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar as Letras Galegas en Vigo, ‘X Xela’, adiarase a unha data a...

O principal espectáculo programado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar as Letras Galegas en Vigo, ‘X Xela’, adiarase a unha data aínda por confimar. Así o manifestou hoxe a deputada de Lingua María Ortega, quen explicou que a previsión de mal tempo impide realizar realizar o acto este xoves para, no seu lugar, pasar a pechar a xira que a actividade está a facer por toda Galiza.


‘X Xela’ é parte da programación que a Deputación está a desenvolver para conmemorar as Letras Galegas 2021 baixo o lema ‘365 días en galego’ con actividades dirixidas principalmente á xente moza e o obxectivo de reivindicar a lingua propia como identidade e espertar a responsabilidade persoal da cidadanía para que non deixe de falar en galego.


Trátase dun espectáculo multidisciplinar no que todo xirará en torno a obra da autora misturando tres formatos (música, poesía e fotografía. “Será un show dinámico, atractivo e 100% feminino para homenaxear a unhapoeta tan singular”, apunta Ortega, que subliña que a asistencia é gratuíta, podendo reservar praza a través do formulario existente en www.depo.gal tanto para o acto de Vigo (notificarase data) como para o de Pontevedra (14 de maio).


A parte musical do evento correrá a cargo da Banda da Loba, unha formación galega que está a revolucionar a música galega coa mestura de música e literatura, que musicará poemas de Xela Arias dende formatos máis tenros ata o punk rock pasando polo country ou o bolero. A parte de fotografía tómase das imaxes de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria.


A parte poética de ‘X Xela’, comisariada por Tamara Andrés, contará con catro poetas que representan, comparten a forza e a linguaxe poética da homenaxeada: “Helena Salgueiro, que ten a poesía incrustada no corpo; Estíbaliz Espinosa, unha poeta cos pés na terra, a ollada no ceo e a lingua e o corazón cheos de curiosidade; e Nuria Vil e Vanessa Glemsel, que teñen o proxecto ‘Dúas gamberras e un micro’, que son rebeldes e denunciadoras de desequilibrios e lanzan frases coma frechas. O espírito de Xela estará moi presente”, subliña a comisaria.


Máis actividades

Ademais dos espectáculos ‘X Xela’ a Deputación ten unha extensa programación destinada ás Letras Galegas 2021, segundo explica a deputada de Lingua María Ortega. En colaboración coa AELG realizaranse 20 obradoiros sobre Xela Arias a cargo da  xornalista e escritora Lara Dopazo Ruibal - encargada da parte de 3º e 4º da ESO-, mentres o obradoiro ‘Xelapalabra’ correrá a cargo do escritor Jesús Castro Yáñez e dirixirase a 4º, 5º e 6º de Primaria. Celebraranse nas vindeiras semanas en Pontevedra, Vigo, Marín, Tomiño, A Estrada, Fornelos, Oia e Agolada, onde os centros xa esgotaron as prazas da AELG, que teñen unha longa lista de agarda. 


Tamén haberá dúas exposicións, a primeira titulada ‘Lebres como gacelas’, que está inspirada en “Tigres como cabalos” a obra de Arias con fotografías de Xulio Gil e servirá de base para o concurso de fotografía e poesía que se lanzará dirixido ao alumnado Secundaria e Bacharelato. A outra exposición será ‘Xela Arias, a poesía do retrato’, en colaboración co Concello de Vigo, que reunirá poemas da autora xunto a retratos realizados por Xulio Gil durante os anos 80 e 90. 


Por último, programarase unha acción escénica no Castelo de Soutomaior para vincular a figura de Xela Arias coa de María Vinyals. Trátase de ‘Vencerse é unha cousa de se tratar’, unha proposta de Fernando Abreu na que participa Monica de nut, Pablo Carrera e Roi Fernández e baixo a direccion de Avelino González.


 

Nombre

-A EURORREGIÂO,285,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,70,-FRONTERAS,96,-LA CULTURA,69,-LA EURORREGIÓN,266,-LA VIDA,265,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,69,-LAS PERSONAS,95,-LOS DEPORTES,266,-m,1,-MAIS PORTUGAL,115,-MÁS ESPAÑA,76,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,204,-PORTADA),484,-Y ADEMÁS...,286,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,329,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,104,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,250,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,459,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,155,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,303,CLAVE INFORMATIVA,108,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,13,CUADERNO FINAL,96,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA,51,DEPORTES,306,EL ÚLTIMO PARTE,69,ESPAÑA,292,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,302,GALICIA,1121,GALICIA SUR,102,GRANDE REPORTAGEM,18,INTERNACIONAL,73,LA MIRILLA,69,LAS COSAS DE LA VIDA,582,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,515,Medios de Comunicación,10,OCIO,170,OCIO-ESPECTÁCULOS,147,OCIO-TURISMO,217,OPINION,121,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,23,PONTEVEDRA,187,PORTADA,39,PORTUGAL,570,PORTUGAL NORTE,66,PRIMER CUADERNO,110,PROVINCIA,577,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,40,RETRATOS,88,SPORTING DE BRAGA,175,TAUROMAQUIA,155,VIGO,182,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Adiado o principal espectáculo programado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar as Letras Galegas en Vigo, ‘X Xela’
Adiado o principal espectáculo programado pola Deputación de Pontevedra para conmemorar as Letras Galegas en Vigo, ‘X Xela’
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/05/o-principal-espectaculo-programado-pola.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/05/o-principal-espectaculo-programado-pola.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content