Nunha reunión co voceiro local de Poio, Ángel Moldes, os deputados e senadores da provincia apostan por esixir que se axilice o proxecto.
“Só temos unha declaración de intencións, pero a día de hoxe nin un só avance, nin unha soa decisión que nos faga pensar que hai intención real por executala”, sinala a senadora Rojo.
· “Desde Poio queremos coñecer as razóns polas que aínda non comezaron as obras dunha infraestrutura que xa debería estar en marcha”, apunta Moldes.