Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

‘O Museo en camiño’ realizará a súa cuarta parada no Camiño Portugués en Ribadelouro (Tui)

‘O Museo en camiño’, unha iniciativa do Museo de Pontevedra e do programa ‘O teu Xacobeo da Xunta de Galicia , realizará a súa cuarta parada no Camiño Portugués en Ribadelouro (Tui) para dar a coñecer as obras máis importantes que ten nas súas coleccións a institución museística pontevedresa e difundir o ‘espírito xacobeo’ na xente máis nova da vila.

A actividade desenvolverase no centro cultural de Ribadelouro de 17 a 19 horas e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan un pouco máis sobre o patrimonio artístico e cultural do Camiño de Santiago
Este obradoiro de carácter plástico e creativo terá as prazas limitadas para poder cumprir con todas as medidas sanitarias actuais, polo que as persoas insteresadas en que participen as súas crianzas deben formalizar a inscrición previa - de balde- no correo electrónico contacto@tallerabierto.info ata completar aforo. Daráselle prioridade á cativada da localidade de destino, neste caso, desta parroquia de Tui. A veciñanza deste concello, en calquera caso, terá unha nova oportunidade de participar nesta iniciativa, xa que se celebrará outro obradoiro tamén no centro urbano de Tui.

O Museo de Pontevedra convértese así nun ‘museo itinerante’ que seguirá o Camiño Portugués durante os meses de abril, maio e xuño e parará en dez poboacións da ruta como son tamén Tui, Ribadelouro, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas, Valga, Pontecesures e Padrón.

Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira’ con réplicas en miniatura de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane. Todas elas foron escollidas por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.

Os colectivos creadores do programa e que traballarán coa rapazada serán Taller abierto e Paspallás . A inciativa inclúe tamén unha exposición no Museo de pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido ao público”.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement