O Comité Europeo das Rexións alerta da situación financeira "especialmente alarmante" dos medios de comunicación locais e solicita á Unión Europea medidas de apoio específicas para a súa recuperación. Este órgano consultivo salienta que os desafíos destes medios son significativamente distintos dos que teñen que afrontar as grandes empresas mediáticas.
O Comité Europeo das Rexións alertou nun comunicado da "situación financiera especialmente alarmante dos medios de comunicación locais e rexionais" e solicitou á Comisión Europea que os teña en conta no seu plano de acción para a recuperación e renovación do espazo mediático europeo. O organismo consultivo, que representa aos entes rexionais e locais europeos, acolleu con satisfacción o plano proposto, mais salientou que "os medios de comunicación social de menor dimensión, que están diretamente en contacto coas preocupacións dos cidadáns, son esenciais para garantir o control democrático e a lexitimidade".
O punto de vista do Comité Europeo das Rexións sobre este asunto, aprovado na xuntanza do comité do pasado 7 de maio, foi presentado por Jan Trei, do Partido Popular Europeo, membro da Asembleia Municipal da cidade estonia Viimsi. Trei defendeu a necesidade de prever unha abordaxe diferenciada para os medios de comunicación locais e rexionais, que se atopan nunha situación económica distinta á dos grandes medios. Aínda que as grandes empresas de comunicación se enfrenten actualmente á competencia dos xigantes tecnolóxicos americanos, os desafios para os pequenos xornais e radios locais e rexionais revélanse moi diferentes, ao seren dependentes de audiencias e públicos-obxectivo xeograficamente limitados, e teren un potencial de crecemento moitas vezes reducido.
Por isto, o Comité das Rexións defende que "son necesarias medidas de apoio, en particular para asegurar a supervivencia das empresas de comunicación social locais e rexionais", destacando especialmente a necesidade de "atender á situación dos países de menor dimensión, nos que os recursos dispoñíbeis para os medios de comunicación social locais e rexionais son limitados debido á reducida dimensión do mercado".
CPXG
POPULAR-desc:Trending now:
-
El Instituto Geográfico Nacional ha confeccionado un mapa actualizado y muy detallado de las redes ferroviarias peninsulares. Les ofrecemos ...
SEARCH
SECTIONS
- -A EURORREGIÂO
- -CORTOS Y DIRECTOS
- -EL OCIO-TURISMO
- -FRONTERAS
- -LA CULTURA
- -LA EURORREGIÓN
- -LA VIDA
- -Las Cosas de la Vida
- -LAS OPINIONES
- -LAS PERSONAS
- -LOS DEPORTES
- -m
- -MAIS PORTUGAL
- -MÁS ESPAÑA
- -Ocio/Deportes/Espectáculos
- -PORTADA
- -PORTADA)
- -Y ADEMÁS...
- + GALICIA
- 1-EURORREGIÓN
- 10-OCIO-ESPECTACULOS
- 11-PORTUGAL TAMBIÉN
- 12-ESPAÑA TAMBIÉN
- 13-MÁS DE PORTADA
- 2-GALICIA
- 3-PORTUGAL
- 4-LAS COSAS DE LA VIDA
- 5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA
- 5-OPINIÓN
- 6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS
- 7-MÁS EURORREGIÓN
- 8-EL ÚLTIMO PARTE
- CAJÓN DE SASTRE
- CLAVE INFORMATIVA
- CORONAVIRUS
- CORTOS Y LARGOS
- CUADERNO FINAL
- CULTURA Y ESPECTÁCULOS
- CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA
- DEPORTES
- EL ÚLTIMO PARTE
- ESPAÑA
- ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES
- EURORREGIÂO
- EURORREGIÓN
- EURORREXIÓN
- FERROCARRIL
- GALICIA
- GALICIA SUR
- GRANDE REPORTAGEM
- INTERNACIONAL
- LA MIRILLA
- LAS COSAS DE LA VIDA
- LOS DEPORTES
- MAIS PORTUGAL
- MÁS ESPAÑA
- MÁS GALICIA
- MASS-MEDIA
- Medios de Comunicación
- OCIO
- OCIO-ESPECTÁCULOS
- OCIO-TURISMO
- OPINION
- OTRA PORTADA
- PIE DE FOTO
- PONTEVEDRA
- PORTADA
- PORTUGAL
- PORTUGAL NORTE
- PRIMER CUADERNO
- PROVINCIA
- PUNTOS DE VISTA
- REPORTAJES
- REPORTAJES-ARTÍCULOS
- RETRATOS
- SPORTING DE BRAGA
- TAUROMAQUIA
- VIGO
LATEST
3-latest-65px
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.