Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O BNG urxe á Xunta a axilizar a vacinación, aínda pendente, entre traballadoras e traballadores do mar

A través dunha proposición non de lei defendida pola deputada, Rosana Pérez, o BNG instou á Xunta a levar a cabo con “urxencia” a vacinación “aínda pendente” das traballadoras e traballadores do mar.

Na súa intervención, a parlamentaria do BNG afirmou que a xestión da pandemia, por parte da Xunta foi “caótica e propagandística” e de total desinterese polas traballadoras e traballadores do mar. Neste sentido, explicou que a consellería do Mar limitouse a cumprir os mandados de Madrid. Para a deputada, a vacinación ao sector do mar non é unha cuestión de hoxe nin de onte, vén de lonxe. En decembro do ano pasado, a Asemblea da Nacións Unidas instou aos estados a designar ás xentes do mar como “traballadores e traballadoras esenciais” e implementar, entre outras medias, a de recibir a vacinación.

A recomendacións da ONU viñan precedidas por informes de expertos que confirmaban a imposibilidade de garantir a bordo as medidas preventivas básicas para atallar a COVID-19. Durante a pandemia, relatou Rosana Pérez, foron moitos os mariñeiros afectados polo virus e sometidos a corentena. Todos os colectivos internacionais, estatais e galegos solicitaron a vacinación do sector e en Galiza, dixo, no mes de febreiro co inicio das costeiras da xarda e bocarte, o sector reclamou ser vacinado.

Por outra parte, engadiu a deputada, a propia Confederación de Confrarías e a AETINAPE se pronunciaron tamén nesta liña ante a ausencia de información da consellaría ao respecto. A Xunta, recalcou, ten “competencias en materia de sanidade” pero as alarmas acendese no Partido popular no mes de marzo cando o goberno vasco anunciou que comezaría a vacinar a todos os seus mariñeiros, decisión que foi criticada pola conselleira do Mar en Galiza por considerar que o goberno vasco non respectaba os acordos de Madrid. Resulta “incríbel” que se critique a un goberno por executar as súas competencias, sentenciou.

Quince días máis tarde, a medidos do mes de abril, Rosa Quintana anunciaba que o ISM vacinará aos mariñeiros e agora, a mediados de maio, “a vacinación do sector comezou hai cinco días”. Neste sentido, volveu a insistir na necesidade de axilizar a vacinación dos mariñeiros, aínda pendentes.
Máis de dous meses de que o País Vasco vacinara aos seus mariñeiros, “Galiza, continúa con problemas”. As tripulacións dos barcos de altura de Marín non teñen noticias sobre a vacinación e sector pesqueiro da Coruña, a piques de saír ao mar, tampouco.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement