Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Oposición acusa de "bloqueo y falta de transparencia” al bigobierno de Deputación

 O PP critica “o bloqueo e falta de transparencia” da Deputación de Pontevedra

  • Pepa Pardo solicita acceso ao expediente da EP-0002 e reunión co deputado Gregorio Agís, e a resposta que recibe é que “será avaliado co goberno lexítimo de Pontevedra e farase público cando se considere oportuno”.
  • “Non é algo novo, de forma reiterada se está negando acceso ou deixando sen resposta escritos presentados por rexistro e preguntas formuladas no pleno”, engade.
  • De persistir esta actitude de obstrución e falta de transparencia, os populares denunciarán a situación ante a valedora do pobo e outras accións.

O grupo provincial do Partido Popular volve a denunciar “a falta de transparencia e obstrución á información” do Goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra. A deputada Pepa Pardo sostén que “non é un caso illado, senón que é unha actitude que se repite no tempo”. O caso “máis sangrante” foi hai uns días, coa resposta que recibe cando solicita por rexistro acceso ao expediente do proxecto de reforma da estrada provincial EP-0002 e unha reunión co deputado delegado Gregorio Agís. A resposta di que “será avaliado co goberno lexítimo de Pontevedra e farase público cando se considere oportuno”.


Para Pardo, con esta resposta, “o goberno de Carmela Silva deixa claro que o de render contas e a transparencia a farán só cando o consideren oportuno”, e recorda que pola súa condición de deputada provincial ten dereito a acceder a esta información  e, ademais, “é o exercicio dun dereito fundamental que están limitando. Hai unha falta de transparencia absoluta”. 


Con todo, sinala a deputada popular, “se houbera algunha razón pola que non se puidese acceder ao expediente solicitado, o seu deber é motivar e argumentar as razóns pola que se denega”. Pardo insiste en que “non é algo novo, de forma reiterada se está negando acceso ou deixando sen resposta escritos presentados por rexistro e preguntas formuladas no pleno”. Como exemplo, di que continúan esperando acceso a outros expedientes como no caso da estrada Porta do Cego-Coiro, en Moaña; ou dunha estrada provincial en Mondariz; tamén se está obstruíndo o acceso a facturas; continúan esperando a que lle informen de todos os gastos da Gala de Turismo que a Deputación celebrou en Vigo e que, a día de hoxe, aínda descoñecen; tamén se lles negou o acceso á Cidade Infantil Príncipe Felipe e ao Museo de Pontevedra, entre outras moitas cuestións.


Os populares recordan que a negativa da presidenta a facilitar a información que solicitan os membros deste grupo político, menoscaba o labor de control e fiscalización que lle corresponde desde a Deputación e tamén vulnera os dereitos dos cidadáns da provincia a coñecer a acción dos responsables públicos na toma de decisión que lles afectan. Por iso, de persistir esta actitude de obstrución e falta de transparencia, o PP valorará denunciar a situación ante a valedora do pobo ou outras accións. 




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement