"Guerra" sin cuartel en Poio entre Oposición y Gobierno por el polémico Plan Xeral que demanda luz y taquígrafos
Trala primeira reunión da mesa de traballo para o Plan Xeral.
O PP pídelle ao Tripartito que “lle amose o PXOM aos veciños”
· Os populares reafírmanse en que esta nova subcomisión “é un paripé” porque "as decisións políticas do PXOM están tomadas desde hai máis dunha década" “BNG, PSOE e Avante Poio ocúltanlle o seu contido aos veciños por medo a que descubran as súas verdadeiras intencións”
· Moldes: “Os veciños están cansados de comisións, subcomisións, mesas... pero sobre todo das promesas e as desculpas do Tripartito. O que queren, despois de 13 anos e case medio millón de euros, son feitos”.
· “Como se pode entender que digan que todo está no inicio, se enviaron en 2010 un documento de inicio para que informase a Xunta?”, pregunta Moldes
· Insisten na necesidade de que “os veciños teñan toda a información do que quere facer o Tripartito e poidan facer aportacións desde xa” e esixen “un PXOM de todos e para todos e non feito para agradar a uns poucos”.